Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

VISITA DO AVÓ DE TIRSO

Tamén tivemos a sorte de contar con Demetrio, o avó  de Tirso, que sabe moito de pesca submarina.

Con el aprendimos moitas cousas e ensinounos o seu traxe de buzo, algún utensilio de pesca...

                                  

 

                      

 

Moitas gracias Demetrio.

VISITA DO MOUCHO

Este trimestre O Moucho presentounos "O Xornal de Lonxedetodo" cunha exclusiva: A gran Lilí Gruyere trunfa en New York!

Tamén pasamos un rato divertido con pasatempos, crucigramas e o xogo de buscar as setes diferencias.

"Os tres bandidos" e "Cómo encender un dragón apagado" foron os contos nesta ocasión.

Moitas gracias Moucho. Ata a próxima.

 

Visita da E.D.A.R

Recibimos a visita da E.D.A.R(Estación Depuradora de Augas Residuais).

Agora sabemos moitas máis cousas sobre a contaminación e sobre todo non votaremos polo váter o que non sexa "PIPÍ", "POPÓ" e "PAPEL".

                                               

 

                                                  

                                               

                                           

PROXECTO O MAR

Un día apareceu na clase unha botella cunha mensaxe , un peixe pedía axuda para coidar o mar pois está moi contaminado.

Este foi o comezo do nosos proxecto e xa son moitas as cousas que aprendimos...

Contamos cun cociñeiro e un papá do cole que nos presentaron unha degustación de algas e prepararon un riquísimo arroz con elas.

Moitas gracias aos dous.

 

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

E acabamos o proxecto "A FAMILA" con Beatriz , a mamá de Elda , que quixo recordar unha cantiga popular coa que ela xogaba e bailaba de pequena: "al pasar por el cuartel".

Acompañándonos coa pandeireta aprendimos a súa letra.

Moitas gracias Bea.

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Cando Sara foi protagonista, recibimos a visita de Vanesa e Vicente, os seus papás.

Primeiro fixemos unha serie de exercicios para quentar a voz, pois cantamos entre todos "UNHA VELLA TIÑA UN CAN" , na que cada un interviña co sonido do animal que lle tocaba.

Despois puxéronnos a pel de galiña ,pois mentras Vanesa e Sara acompañadas de Core , cantaban a canción "El latido de mi corazón" da película "COCO", Vicente acompañábaas á guitarra.

Fixérono xenial.

Moitas gracias Vanesa e Vicente.

 

 

 

Fai click na imaxe para ver o video.

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Core fai na súa casa moitas manualidades coa súa mamá.

Por iso Carolina, que así se chama a súa nai, quixo mostrarnos algunhas e trouxo á escola limóns e leitugas para estampar pintura con elas.

Tamén Sofía , a irmá pequena de Core axudou.

Pasámolo estupendo.

Gracias Carolina.

 

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Raúl , o papá de Julio, mantivo a todos e todas boquiabertos cando mostrou a motoserra e o maletín de ferramentas que emprega no seu traballo de mecánico.

Unha cousa moi importante no maletín é manter a orde , por iso cada oco ten un número que coincide co da peza.

Ademáis fíxonos un agasallo para a clase, unha motoserra , "PERO DE XOGUETE".

Moitas gracias Rául.

 

 

O PROTAGONISTA DA SEMANA

Anxo tamén foi protagonista. A súa mamá Sonia traballa nunha guardería e fai

cos seus alumnos e alumnas murais como o que nos axudou a elaborar.

Trouxo unha caixa chea de telas e outra con papeis recortados de diferentes texturas e cores.

Entre todos os pegamos libremente e o resultado foi unha auténtica obra de arte que agora decora a nosa aula.

Moitas gracias Sonia.

NADAL

Co Nadal rematamos o ano.

Moi pronto teredes o video coas actuacións na videoteca.

 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut