Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

PROXECTO "O CORPO".

Nas aulas de E. Infantil pasan cousas sorprendentes.

Un día apareceu nas de 5º e 6º unha caixa máxica  cun letreiro que dicía "O MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO".

Un a un foron mirando no seu interior  e , un espello mostráballes a cara da "persoa máis importante do mundo", punto de partida para traballar o proxecto " O CORPO".

VISITA DO MOUCHO

Un curso máis, onte 29 de outubro, visitounos o Moucho Leroucho. 

 

Co seu acordeón cantamos, bailamos  e tamén fixemos exercicio coma os animais, 1,2 3

Contounos; O Monstro de cores e Qué tes no cueiro?

Pasámolo moi ben!!

APRENDEMOS XOGANDO

Na aula de 5 anos estamos todo o día a prender xogando : cos bloques lóxicos, cosendo, escribindo...

TEATRO

Comezamos a semana con teatro.

O grupo Baobab presentounos no pabillón a obra "PUM , PUM!". Un precioso espectáculo de luz , cor e música que deixa unha mensaxe moi clara para os nenos e as nenas: desde moi pequenos deben saber , que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Moitas gracias á ANPA por traelos.

UN NOVO CURSO

Ola!!!

Un novo curso acaba de comezar con moitas ilusións, novos pequerrechos  e moito camiño por andar. 

Este ano, este blog será de todos os nenos e nenas de infantil del cole Emilio González López, é dicir,  de 3, 4 e 5 anos.

 

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

O espectáculo "RAÍCES" achegounos á música africana.

 

AS REDEIRAS

O venres 29 tivemos a visita das " REDEIRAS DE CORME " . Con  elas aprendimos os diferentes tipos de redes que hai, os materiais que se empregan para facelas, os tipos de  artes de pesca e tamén nos ensinaron a facer un nó.

Foi unha visita moi interesante!

 

 

 

ACUARIO

O pasado 15 de marzo, os nenos e nenas de infantil, primerio e segundo estivemos na Casa dos Peixes de A Coruña. 

Unhas monitoras explicáronnos un monton de cousas interesantes e vimos moitos peixes, pero o noso preferido foi o tiburón Gastón.

 

Cumpeanos de Ici e Marco

Último venres de Marzo, celebramos o 4 cumpleanos de Iciar e Marco. 

Trouxeron uns carros cin osos, riquísimos.

ENTROIDO

E o entroido tamén se vestiu de " MAR".

Os nenos e nenas de E.Infantil convertíronse en intrépidos piratas ao ritmo de "O PIRATA METEPATA".

 

 

 

E para rematar o enterro da sardiña.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut