Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

SAN SILVESTRE

O mércores a chuvia deu unha tregua para poder celebrar a carreira que xa ven sendo tradición no noso cole, a "SAN SILVESTRE", e xa van 9.

O lema de este ano era "Non se chega á meta superando aos demais senón superándose a un mesmo".

 

 

O OÍDO

Hoxe foi o turno do oído , e contamos coa axuda de Gloria , a mestra de música , que agachou instrumentos para que adiviñasen de cales se trataban escoitando pero sin ver.

 

 

APADRIÑAMENTOS

Esta semana a biblioteca inaugurou " A ÁRBORE DOS APADRIÑAMENTOS".

O alumnado de E.Infantil coñeceu aos padriños e madriñas que lles acompañarán en moitos actividades durante este curso.

 

O GUSTO

Unhas brochetas de froita foron  o menú saudable para o sentido do gusto.

Como premio podiamos mollar algún  pequeno anaco en chocolate.

  

  

  

O OLFATO

O luns foi o turno para o olfato.

Identificamos  o olor de moitas plantas : romero , limón , menta...

De agasallo levaron unha bolsiña olorosa que eles mismos elaboraron.

 

  

                                                 

 

O TACTO

O obradoiro dos sentido tivo moito éxito .

Por iso decidimos adicar cada día da semana a un deles.

A xornada do venres rematou cunha sesión de relaxación na que por parellas recibiron unha masaxe.

Primeiro cunha pelota de tenis por todo o corpo e logo con crema nas mans.

  

       

 

ANIVERSARIOS

O venres 13 estivo de aniversario Xaquín. Trouxo unha tarta riquísima e todos lle cantamos a canción

" Cumpleaños Feliz " . Foi moi divertido!!!

 

 

 

 

EXPERIMENTAMOS CÓS 5 SENTIDOS

Seguimos aprendendo cousas do corpo, e tocoulles o turno aos 5 sentidos. Tiñamos unha tarxetiña na que había que conseguir as cinco pegatinas dos cinco obradoiros polos que pasábamos.

Foi moi divertido experimentar e manipular con diferentes cousas!

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

O martes recibimos a visita de Papá Noel.

Xa tiñamos as cartas preparadas e aproveitamos para ensinarlle a nosa nova biblioteca.

 

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Despois de tanto traballo por fin inauguramos a biblioteca.

Quedou preciosa!.E como non podía ser de outra maneira celebrámolo con música.

 

 

Moitas gracias a Daniel , o papá de Nicolás que fixo uns preciosos separadores para os libros .

 

Distribuir contido


by Dr. Radut