Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

ANIVERSARIOS

O venres 29 de novembro celebramos o aniversario de Sara Benasach e de Sofía. Trouxeron unhas tartas moi ricas e sopraron as velas. Pasámolo moi ben!

Mirade que guapos estamos.

 

 

 

 

 

O CORPO

O venres e o mércores pasado, visitáronnos Laura e Catalina, as nais de Silvia e Moura que son enfermeiras, e contáronnos cousas de bebés e de como previr accidentes.

Logo estivemos practicando coas vendas.

 

 

Moitas grazas

MAGOSTO

O venres 15 de novembro celebramos o Magosto, tivemos que comer as castañas nas clases e no porche porque fixo mal tempo.

Estaban moi ricas!!! 

 

 

 

 

 

VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Todo comezou cando atopamos a Caixa Máxica, con pistas sobre a pintora Maruja Mallo ( dentro había fotos, un pincel.....).

 

 

Despois, por fin, montamos no bus que nos levou á Fundación María José Jove. Alí Patricia  presentounos  a "Punto Rojo" e  a "Sara" que chegaron por sorpresa ao museo.

 

 

 

Patricia tamén nos enseñou o cadro durmido, o laberinto onde xogan Sara e Punto Rojo, o tronco da árbore onde durmen, e o Cadro Máxico.

 

 

 

 

Para rematar fixemos un cadro como os de Maruja Mallo.

 

 

 

 

 

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

Como ven sendo tradición no noso cole , no mes de novembro, o alumnado de sexto de primaria con Jose ,o profe de educación física, ensinan a 6º de E.Infantil o manexo dos peóns.

 

Subíndonos ao banco é máis sinxelo.

 

E nunha sesión todos e todas sabiamos bailar os peóns.

 

RECREOS

Chegou o mes de Novembro e con él os días de choiva.

Os corredores do cole sustitúen o patio de recreo e pasámolo igual de ben.

 

SAMAÍN

Samaín pasou  polo cole e deixou estas portas que daban MEDO de verdade.

 

 

ANIVERSARIOS

En setembro celebramos o aniversario de Noa, María, Sara e de Roi. Mirade que guapos están coas súas coroas.

 

 

SAMAÍN

Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración na deacoración de cabazas.

 

PROXECTO " O CORPO":

Esta semana outra sorpresa agardábanos: 

o esqueleto "HUESITOS" e unha caixa de luz na que podiamos mirar as radiografías dos ósos.

 

 

Tamén recibimos a visita de Marco que rompeu un óso do brazo e contounos que aínda ten que estar escaiolado tres semanas máis.

Xa aprendimos o nome dun montón de ósos.

Distribuir contido


by Dr. Radut