Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

FIN DE CURSO

 Rematamos o curso cunha chea de actividades. Comezamos cos nenos e nenas de 5º que lles contaron contos no xardín do colexio " Aos libros tamén lles gusta o  sol "

 

 

 

 

 

 

 

Celebramos os aniversarios do alumnado que cumple nos meses de xullo e agosto.

 

 

 

 

 

Tamén lles demos a benvida aos pequenos que comezan no mes de setembro preparando unha sopa moi especial.

 

CONTACONTOS

Durante o mes de maio , o  alumnado de 2º de E. Primaria baixou a nosa aula de 3 e 4 anos a exercer  de contacontos.

Compartiron con nós un rato de lectura moi agradable.

 

 

 

 

 

GRANXA ESCOLA

O luns 4 de xuño estivemos na granxa escola de Belelle. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas dos animais que viven alí. Tamén fixemos pan e plantamos unha semente de cabaza. 

Foi moi divertido ! 

 

 

 

 

 

 

VISITA DO MOUCHO

Estamos a ter un fin de curso con moitas actividades. Tivemos a visita  do Moucho que coma sempre trouxo moitos libros que nos deixou en préstamo. Falounos das profesións e leunos varios contos, " O meu pai é un pallaso " e " Familias, familias, familias "

Foi moi divertido!

 

 

POWER POINT Mª VICTORIA MORENO

O alumnado de 5º de primaria baixou ás aulas de e. infantil a  contarnos a vida da homenaxeada nas letras galegas "Mª Victoria Moreno".

 

 

TEATRO NA ESCOLA

Con motivo das" LETRAS GALEGAS "  tivemos teatro na escola.Foi moi especial e unha gran sorpresa, pois os actores e actrices foron algúns pais e nais de nenos e nenas do colexio. Fixérono moi ben e pasamos un rato moi divertido!. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

 

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano as letras galegas teñen a unha muller como protagonista , "MARÍA VICTORIA MORENO".

Durante a semana temos un programa moi atractivo para celebralo.

Comezamos o luns coa actuación de "Paco Nogueiras" , músico que fixo bailar a grandes  e pequenos coas súas cancións que recordan festas e xogos populares.

VISITA XOSÉ COBAS

O XOVES 19 DE ABRIL TIVEMOS A VISITA DE XOSÉ COBAS. ENSINOUNOS ALGUNHA TÉCNICA PARA FACER DEBUXOS.  COA SÚA AXUDA FIXEMOS, ENTRE TODOS, UN CAZAFANTASMAS. EMPREGAMOS UNHAS PINTURAS CHAMADAS PASTEL, FOI MOI DIVERTIDO E MIRADE QUE BONITO QUEDOU O NOSO DEBUXO! TAMÉN LLE FIXEMOS ALGUNHAS PREGUNTAS.

 

 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS MULLERES GALEGAS DESTACADAS

O venres 13 de marzo fíxose entrega dos premios aos gañadores do" I concurso de mulleres galegas destacadas ".

Queremos agradecer a gran participación por parte do alumnado de E. Infantil.

PLANTAMOS PATACAS

Para comezar o noso  novo proxecto plantamos patacas. Necesitamos unha maceta, terra, unhas patacas, auga e a calor do sol. Traballamos moito e foi moi divertido !

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut