Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

BIBLIOPATIO

Hoxe de novo disfrutamos de "bibliopatio".

Entre contos no tempo de lecer.

 

                   

                    

ENTROIDO

O venres 21 de febreiro celebramos o entroido. Disfrazámonos de científicos e científicas, desfilamos seguindo o son da cancion de Marie Curie e bailamos ao ritmo de  de Luís Fonsi. Pasámolo moi ben!!!

 

 

 

 

 

 

 

MANADADOS DO ENTROIDO

Esta semana o entroido chega ao "Emilio González López".

Preparándonos para o venres que é o día grande.

DE AQUÍ PARA ALÁ

"DE AQUÍ PARA ALÁ" é o título do concerto que vimos a semana pasada no  "Palacio da Ópera".

Viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar.

Piano, batería , acordeón...foron moitos os instrumentos que despertaron a nosa curiosidade.

 

VISITA DO MOUCHO

O venres 7 de febreiro tivemos a visita do Moucho, como sempre veu cargado de contos. Explicounos que vive nun bosque preto de Cambre, moi cerca do centro de saúde e da biblioteca, no que hai piñeiros, acibros, buxo carballos...Contounos o conto de  "Riciños de ouro " e " O Globo azul " . Tamén nos tocou unha canción co se acordeón e xogamos cos globos. Deixounos contos para poder ler na clase.  Pasámolo moi ben .

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

Un ano máis celebramos todos xuntos o Día da Paz.

Contamos o conto "Un cuento propio", heroinas por descubrir. Bailamos unha Danza da paz de Mamacabra e Abrazamos as árbores.

EU SON INSPECT@R URBANÍSTIC@ , COIDA DO TERRITORIO ,COIDA DO TEU

Esta semana contamos coa visita de dúas inspectoras  urbanísticas de APLU , organismo autonómico que colabora co Proxecto Terra . Presentan un proxecto lúdico-educativo relacionado co coñecemento do territorio de Galicia.

Coa axuda de Faifá , a ratiña que ven de "Lonxe de Todo" , pasamos un rato divertido entre contos ("Nubes" ,  "Nada de nada" , "Contos de ratiños".)

 

PABLÍSIMO

 

O venres 24 tivemos a visita de PABLÍSIMO que nos contou historias de Príncipas e Princesos: " O prícipe Cincento ",  " As princesas tamén botan peidos " e " O príncipe e os chícharos ".

Foi moi divertido!!

 

 

 

 

 

 

 

REGALO DOS REIS MAGOS

Comezamos un novo ano recibindo un agasallo dos Reis Magos. Deixaron unha cociña para cada clase de Infantil. 

Feliz ano para todos e todas!!!

 

 

 

 

 

 

 

O SENTIDO DA VISTA

E como broche, para o obradoiro do sentido da vista , elaboramos unha preciosa botella (con ingredientes máxicos navideños).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut