You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


CONTANDO COA EIRUGA LARPEIRA (10/06/2020) sticky icon

Ola chicos e chicas! 

Moitas felicitacións polos vosos traballos! Aquí tedes as fotos nas que se reflexa o voso esforzo. Moi ben feito! 

-Moitos bicos das vosas profes-

 

Unha eiruga moi larpeira. (9-6-2020) sticky icon

Benvidos á gozar coas fotos que moitos de vós fixestes chegar ó noso correo, ensinándonos as vosas "mascotas" da amiga eiruga elaboradas con pinzas.

Esperamos que sigades contando moitas veces o contiño coa axuda desta manualidade que vos quedou tan chula....

Que alegría levamos as profes cada vez que vemos os vosos traballiños...!

Zoe:

 

Carmen R.:

Zhoe:

Noa (4ºE.I.):

 Raquel:

Sofía (4ºE.I.):

Martín:

 

Olivia coa súa eiruga Lilí:

Sabela:

Pablo e Laura:

Ana V.:

Menudos artistazas están feitos xs peques de Infantil...!!!

Mil grazas por participar con nós.

Bicos, bicos e bicos para todxs.

As vosas profes de Infantil.

 

A EIRUGA LARPEIRA FORMA PALABRAS (09/06/2020) sticky icon

Bo día nenos e nenas! 

Hoxe imos facer unha manualidade da eiruga do conto que nos vai a axudar a traballar as letras e a lectura. Para a súa realización precisamos os seguintes materias:

Recordade que se non tedes algún material podedes usar outros que teñades na casa. 

Unha vez que temos os materias sò tedes que seguir os pasos que vedes na seguinte imaxe:

Moi ben! Agora imos facer as follas da moreira para que a nosa eiruga poida comer. Como vedes na imaxe primeiro temos que debuxar as follas e escribir dentro de cada unha delas unha letra das palabras que queiramos traballar (cada palabra dunha cor) . Os nenos/as poden facer as letras e recortar ou picar as follas. 

A nosa eiruga ten moita fame, pero precisa unha pouca de orde para comer, e nós imos a axudala! , para iso e unha vez elaborado o material o que imos a facer é:

- Ordear as letras por cores. 

- Ós máis pequenos podemos escribirlles nós as palabras nun folio ou cartolina e eles/as teràn que buscar e colocar debaixo as follas coas letras correspondentes para formar ás palabras. 

- Os máis maiores ordearàn as follas eles soliños (podemos axudalos dicindolles cal é a palabra que teñen que formar)

 

Moitas grazas por axudar a nosa eiruga! 

Esperamos as vosas fotiños (a data límite para envialas é o próximo martes día 16) 

Bicos das vosas profes! 

 

As nosas eirugas medran e medran… ( 8-6-2020 ) sticky icon

 Amigas e amigos: como ides ver as nosas eirugas seguen medrando e facéndose maiores e preparando os seus casulos para transformarse en bolboretas que, por certo…non van a ser grandes e con bonitas cores como as que podedes ver en parques, xardíns e nos vosos paseos ó aire libre agora que o bo tempo anda achegándose.

Estas bolboretas proveñen das “polillas salvaxes” que foron domesticadas hai moito tempo para conseguir o prezado material: a seda…e, por isto a súa aparencia non é a dunha bolboreta común.

Aquí vos deixamos unha fotos para que vexades como van evolucionando…

 

E, sorpresa…!..algunha bolboreta empezou a saír do seu casulo, mirade…

 

Agora toca esperar un pouco máis e, cando todas e todos vaian saíndo irán buscando parella, reproduciranse.

A femia poñerá ovos…que quedarán agardando ata próxima primavera (cando volva a ter follas a moreira)….e así, volveremos a ver outra vez o ciclo dos ovos das eirugas da seda…

No seguinte curso poderemos ver todo o proceso nas aulas de Infantil e seredes vós os encargados de coidar as eirugas.

 

Agora, antes de rematar a entrada de hoxe queremos propoñervos unha actividade rica, rica, xa que…:

IMOS COCIÑAR…! Coa axuda da historia do conto “ La oruga glotona”.

O reto de hoxe consiste en que fagades unha merenda rica e o máis san posible…así trátase de que elaboredes unha eiruga ou incluso bolboreta como as que saen neste conto. Si empregades algún dos alimentos que comeu a eiruga moito mellor…!

Deixámosvos un exemplo: nós empregamos moitos alimentos dos que ía comendo cada día a nosa amiga larpeira…mazá, queixo, salchichón e, como non tiñamos ameixa substituímola por peladillo.

E, cortando (moito coidadiño e pedide a un adulto que vos axude…aínda que podedes empregar ata tesoiras,ehhh…!), cortando e colocando conseguimos unha eiruga ben chula, non vos parece?

Cantos cociñeiras e cociñeiros se animarán a preparar esta rica merendola…???

Esperamos as vosas fotos ata o luns 15 de xuño

Animádevos a participar que xa faltan pouquiño para rematar o curso e nos gustaría saber de todxs vós.

Moitos bicos das vosas profes de Infantil.

 

Fotiños da eiruga contando contas (07/06/2020) sticky icon

Bo día nenos e nenas:

Somos moi afortunadas de todo o que estades traballando e das preciosas fotiños que nos facedes chegar. Aquí van as da actividade da eiruga contando contas.

Seguide así, xa queda menos. 

Un bico enorme das profes de infantil.

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar