You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.
Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.
Despedíndonos do curso e recibindo o verán...
Nenas, nenos e familias...
Chegou finalmente o remate deste curso tan intenso e peculiar para todxs nós.
Ás mestras de Infantil nos quedou moito por facer: rir, contar contos, compartir aventuras, experimentar e descubrir, avanzar nas aprendizaxes, festexar os cumples, en fin, gozar de todos e cada un dos momentos tan especiais que se viven nas aulas de Infantil a diario...e todo coa compañía dos peques que son os grandes protagonistas desta nosa historia que tamén é a súa...
E así, pouco a pouco rematou esta historia por este curso que retomaremos para o seguinte pero con cambios: nenxs que chegarán de novo, outrxs que se nos van para Primaria...
E unhas compis que continuarán a súa andadura profesional noutros lugares onde desexamos que os reciban cos brazos abertos e sexan tan felices como o fomos aquí...ata sempre e todos os bicos do mundo..!
________________________________________________
Chicas e chicos, aquí vos deixamos unhas tarefas para o verán:
Esperamos que vos gusten e escollades facer moitas delas...jejeje...!
____________________________________________________
E, agora chegou o momento da despedida...este video é unha homenaxe a todxs vós e fixémolo con moito cariño as vosas profes de Infantil...
ÚLTIMAS FOTOS (19/06/2020)
E pouco a pouco chegamos a última entrada de fotos. Quen nos ía dicir en setembro que o curso remataría deste xeito... Dende o equipo de infantil queremos darvos as grazas unha vez máis a todas as familias e nenxs que durante este tempo fixestes que o noso traballo tivese sentido.
Aí van as fotos do experimento da bolboreta... Grazas!
Que fermosas bolboretas (19/06/2020)
Boa tarde nenos e nenas:
Que fermosura de fotos nos mandastes dos debuxiños das bolboretas. Xa estamos acabando e non queremos deixar de darvos as gracias pola participación, pola axuda e polas palabras de alento.
Gozade do voso traballo.
As profes de Infantil.
A eiruga larpeira forma palabras (17/06/2020)
Ola nenos e nenas!
Cantas follas de moreira comeron estas eirugas... comendo así non è de extrañar que se transformaran en bolboretas!
Aquí están as fotos dos vosos traballos, mil grazas por participar e biquiños das profes!

IMOS COCIÑAR...e que ricas merendas coa nosa amiga a eiruga larpeira...! (16-6-2020)
OLA...cociñeiras e cociñeiros de Infantil, si, si, temos que chamarvos así porque menudos artistas sodes preparando unhas merendolas riquísimas, coa axuda da nosa amiga a eiruga!
Aquí tedes as vosas fotos e as vosas cariñas de felicidade e satisfacción polo taballo tan ben feito...!!!
Zhoe:
GRAZAS outra vez...!
As vosas profes de Infantil estamos moi contentas dxs peques de Infantil. Bicos mil.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »