You are hereEducación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.

Educación Infantil , 4º Ed. Infantil, 5º Ed. Infantil, 6º Ed. Infantil, Viaxes didácticas E.I.


As nosas eirugas convertidas en bolboretas...e agora, que? (15-6-2020) sticky icon

 

Bo día chicas, chicos e familias.

Pouco a pouco vai chegando o final deste curso tan atípico que nos tocou vivir e xa case nos temos que ir despedindo…pero iso será dentro duns días, eh…!

 

Aproveitamos para dicirvos que nesta semana, a derradeira deste curso, non imos poñer tarefas.

 

Pero si pedimos que sigades atentxs á web porque imos subir as fotos das actividades da pasada semana polo que podedes seguir mandándoas..., gústanos moitísimo ver o ben que estades a traballar.

 

Nos próximos días tamén imos facer unha entrada de despedida con algunha sorpresiña.


 

Pero agora o que toca é ver como van as nosas bolboretas da seda…mirade cantos casulos…!!!

 E foron moitas as bolboretas que naceron…machos e femias que foron buscando parella:

 A bolboreta macho é a da esquerda, coas ás abertas e a femia é a máis grande, a da dereita. ( Tedes un vídeo adxunto…).

 E, despois duns días a bolboreta femia pon ovos, moitos ovos…sodes capaces de contalos…?..jejeje.

 E, así termina o ciclo da vida das eirugas da seda…os novos ovos terán que esperar ata a primavera seguinte conservados a temperatura axeitada: nun lugar fresquiño.

 

No próximo curso imos poder ver todo o proceso pero esta vez nas aulas onde teredes que coidalos vós apetécevos?...esperamos que si…!

 

Grazas pola vosa atención…! e moitos bicos das vosas profes de Infantil.

 

Uns fantásticos detectives que buscades alimentos para a nosa eiruga (13/06/2020) sticky icon

Boa tarde nenos e nenas:

Estades feitxs todxs uns detectives que buscastes alimentos para a nosa larpeira eiruga. Nesta actividade traballastes as cores, o círculo, a motricidade fina ou os alimentos entre outros. Aquí as vosas fotiños coas que nos puxestes moi contentas polo traballo realizado. Noraboa.

Un milleiro de bicos das vosas profes de infantil.


 

 

 

EIRUGA LARPEIRA: ESCRIBIR E CONTAR . FOTOS (13/06/2020) sticky icon

Ola chicxs!

Aquí vos deixamos as fotos do voso bo traballo coas fichas - resumo do conto: La pequeña oruga glotona.

As profes xa vemos que tamén fixestes o taballo con letras e números e que polas vosas caras non o pasastes nada mal, non sí?...jejeje

Noa (6ºE.I.):

Zhoe:

Sabela:

Laura e Pablo:

Grazas pola vosa participación.

Bicos e achuchóns das vosas profes de Infantil.

 

 

EXPERIMENTO: BOLBORETA VOA VOA (12/06/2020) sticky icon

Ola a todxs!

Como xa sabedes as nosas eirugas convertéronse pouquiño a pouco en bolboretas. Hoxe imos facer o último experimento do curso no que faremos mover as ás a unha bolboreta de papel.

precisades: Cartolina. Un anaco de cartón. Papel de seda. Pegamento e tesoiras. Rotuladores. Un globo.

Primeiro, facemos o abdome da bolboreta coa cartolina, e as ás co papel de seda. Despois pegámola ó cartón (só a parte do abdome, as ás non). E decorámola como máis nos guste.

No seguinte video explícanos paso a paso o experimento:

Ademais de facelo coa mariposa, podemos probar con anacos de papeis ou pasándoo cerca do pelo, e comprobando así que o globo os atrae.

Con este experimento ensinámoslles ós "peques" os efectos da electricidade estática. Agardamos as vosas fotos ata o venres 19 de xuño. Xa non queda nada... ánimo!

 Bicos e achuchóns das profes

A eiruga que se converte en bolboreta (11/06/2020) sticky icon

Bo día nenos e nenas:

Como xa vimos todos estes días, a evolución das nosas larpeiras eirugas é bastante complexa e pasa por distintas fases que traballastes coas actividades anteriores. Deste xeito, hoxe imos centrarnos nas bolboretas, sendo o último proceso das nosas valentes eirugas.

Para realizar a tarefa necesitaremos unha mazá que partiremos á metade, pintura de dedos e un folio. Deixade voar a imaxinación e creade fermosas bolboretas que podedes decorar como máis vos guste.

Deste xeito crearemos un fermoso cadro cheo de cor e ás con distintas formas. E como todo artista, só nos falta poñerlle un nome. Os máis pequenos precisaredes a axuda dos maiores e poñede as letras que recordades, os de 4 anos escribídeo en maiúsculas e os de 5 empregando as minúsculas. Non esquezades poñerlle a data e a vosa sinatura. Seguro que decoraremos a páxina web con coloridos e divertidos resultados. 

Animádevos a participar, tedes ata o 18 de xuño para enviarnos as fotiños. 

Un bico enorme das vosas profes de infantil que vos botan moito de menos.

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar