Promoción deportiva

PROMOCIÓN DEPORTIVA

Durante o mes de setembro recibimos a visita de clubs deportivos da zona para realizar unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, tamén explicaron o funcionamento do seu club (localización, adestramentos, competicións) e se este deporte se vai impartir como actividade extraescolar no noso centro...

Todos os técnicos animáronnos a practicar algún deporte no noso tempo libre polo positivo e saudable para o noso corpo e por tódolos valores sociais unidos a sua práctica. Mostráronnos un modelo de sesión práctica para achegarnos ó deporte e animarnos a probar no club o no colexio.

Os clubs que viñeron foron o Club de Fútbol sala Tui, Club de Balonmán Tui,Club de Judo Baixo Miño, Club Bádminton Tomiño.

Powered by Drupal - Design by artinet