Podcasts

PODCAST POLO DÍA DO LIBRO

curso 22/23

Co motivo do DÍA DO LIBRO, durante a semana do 24 ao 28 de abril,  os nenos e nenas de sexto gravaron podcast nos que a literatura era o eixo principal. Para elo buscamos información sobre as orixes desta festividade.

Ademais, realizaron unha ardua tarefa de busqueda literaria na biblioteca onde tiveron que seleccionar unha serie de libros para  recomendarlles ao resto dos nenos e nenas. Libros que tiñan que ser apropiados para a idade dos destinatarios. Ademais tiveron que explicar o por qué de cada unha das súas eleccións.

Por outra banda, deron renda solta a súa creatividade coa elaboración das súas historias en grupo nas cales a temática tiña que ser a literatura e debían ser apropiadas para tódolos públicos.

E o mellor de todo: retaron aos seus oíntes a través dun concurso no que ían dando pistas sobre   un clásico da literatura e o resto das clases tiñan que descubrir de que obra se trataba.

Finalmente gravamos os podcast cos que aprendemos sobre a importancia de comunicar ben para chegar ao noso público.

Unha semana chea de aprendizaxes!!!

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast martes 25 de abril. Os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas a historia creada e narrada por eles  " O libro da Constitución"

 Pola conmemoración do dia do Libro, podcast mércores 26 de  abril. Os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Escoitade esta historia misteriosa creada polo grupo Power Rangers.

.

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast xoves 27 de abril, os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Aqui vos dieixan un curioso relato no que o espazo e o tempo se entremezclan.

Pola conmemoración do dia do Libro, podcast venres 28 de abril, os nenos e nenas  de sexto  recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas este relato  de creación propia: " Amor a primeira vista, parte dous".

 

 

PODCASTS

 PIPI MEDIASLONGAS. Libro recomendado polo alumnado de 3º.

Pipi Mediaslongas escrito por Astrid Lindgren e traducido ao galego por David Álvarez Martínez, conta as fazañas dunha nena de 9 anos que vive soa nunha casa de campo, coa compañia dun cabalo e un macaco.

 

 

ÁS DAS MOSCAS de Fina Casal de Rei. Recomendado polo alumnado de 6º.

Fina Casal de Rei, neste libro preséntanos a unha alumna de sexto de primaria que precisa de coidados especiais. Cóntanos as distintas reaccións das persoas do centro fronte a unha situación especial. Esta nena demostrará aos que lle rodean que o mais importante é ter un gran corazón. Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos mais aló das diferenzas de ideas e capacidades?.

MARUXA de Eva Mejuto. Libro recomendado por 5º.

Trata sobre o tema dos roles entre homes e mulleres. Como se organizarán Maruxa e Pepiño?.


 NUNCA MÁIS. Escrito e ilustrado por alumnado de centros educativos de Galicia. Libro recomendado polo alumnado de

É un libro que trata sobre o feito real acontecido no ano 2002, frete a Costa da Morte.

 CURSO 20-21

  PRESENTACIÓN  curso20/21

 

 DORMENTE  de Raquel Castro. Recomendado polo alumnado de 4º. Teatro.

A filla do rei queda durmida, o mellor dito: faixe a durmida. É moi parecido ao libro tradicional pero ao mesmo tempo moi diferente.

audio dormente

 

 

 

 

 

 

OS MINIMORTOS BENVIDO AO OUTRO BARRIO de Leticia Costas. Recomendado polo alumnado de 4ºA

Os Mimimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a nós: son nenos de ultratumba. Neste libro contan aventuras que lles suceden.

  OS MINIMORTOS

                           

NOBELO DE LUZ de Charo Golmar. Libro de poesía recomendado polo alumnado de 4ºB.

 Un libro entrañable onde Charo vai contando a relación que tivo cun neno especial.

  NOBELO DE LUZ

 

 

SUPREMAS, CHICAS MITOLÓGICAS de Xan Eguía. Libro recomendado por alumnado de 5º

Nel conta historias de mulleres mitolóxicas: Atenea, Perséfone...que teñen moitas cousas en común, pero sobretodo comparten valores imprescindibles.

  SUPREMAS

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet