Proxectos

MURAL COOPERANDO CONSTRUÍMOS MUNDOS

Un curso máis contamos coa colaboración do pintor de Tebra Basilio Calzado para decorar o muro que temos en fronte do colexio.

Aquí podedes ver un breve resumo de cómo se realizou.

Agradecer a colaboración da nosa ANPA A Mimosa e por suposto á dispoñibilidade sempre aberta de Basilio e a súa colaboración co alumnado de 6º para obter o produto final.

 

CANCIÓNS CEIBES

Video gravado polas familias dunha canción de Ruxe Ruxe, dentro da actividade Ao ritmo da Música do noso centro.

Parabéns a todas e todos os participantes!!!

ACTIVIDADES EDLG CURSO 2021-22

Aquí tedes un resumo de todas as actividades realizadas a nivel de centro, de ciclo e de nivel ó longo deste curso 2021-22

MURAL PROXECTO AUGA

Un ano máis o pintor Tomiñés Basilio Calzado coloabrou co noso centro na confección do mural do proxecto levado a cabo durante o curso.

Neste caso trátase dunha reprodución do tema da auga na que o alumnado de sexto de primaria executou o colorido do mural.

Gracias á ANPA A Mimosa pola súa colaboración unha vez máis, e Gracias a Basilio.

INFANTIL POLA PAZ NO MUNDO

O alumnado de Infantil traballando e cantando pola PAZ no mundo.

ENTROIDO 2022

Mañá venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no noso cole!

Debido á situación epidemiolóxica as familias non poderán acceder ó interior do recinto escolar, por iso faremos un desfile polo exterior do centro a partir das 12 horas aproximadamente.

Lembramos que a estrada estará cortada no tramo do desfile dende as 11:40 ata as 12:20 h aproximadamente.

Agradecemos a todas as familias que colaboraron para levar a cabo esta festa, e tamén a nosa ANPA, que ademais este ano agasalla ó noso alumnado con orellas e rosquillas de entroido e zumos.

Esperámosvos mañá no exterior do centro.

 

DÍA DE ROSALÍA

Polo Día de Rosalía, o alumnado de 4 anos recitou o poema "PARECE UNHA ROSA":

 

INFANTIL CÁNTALLE ÁS NUBES!

Ó longo deste curso participamos no PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS. Unha das actividades que fixemos no taller de música Infantil foi a montaxe deste video coa canción "NUBES" utilizando o efecto CROMA. Investigamos os tipos de nubes, creamos nubes para formar parte do decorado no video e aprendemos a canción. Aquí tedes o resultado!

Powered by Drupal - Design by artinet