ENAPA: MATERIAL DE INTERÉS SOBRE SEGURIDADE NA REDE E CONTROL PARENTAL
Logo do remate da nosa ENAPA ( Escola de nais e pais) orientada á concienciación dun uso seguro e responsable dos dispositivos móbiles e da Internet, queremos agradecer tanto a inciativa da nosa ANPA A Mimosa, como ás familias participantes, polo interés e preocupación amosada sobre estes temas tan presentes no noso día a dia.
Gracias ó CFR de Vigo e ó ponente José Torres, podemos compartir unha documentación que, de seguro, será do interese de moitas e moitos.
PROTECCIÓN DO MENOR EN INTERNET
GUÍA DE MEDIACIÓN PARENTAL
SEGURIDADE, PRIVACIDADE E INTIMIDADE:
CONTROIS PARENTAIS
FERRAMENTAS DE CONTROL PARENTAL
DATOS PERSOAIS DE MENORES
DI NON Á DIFUSIÓN DE CONTIDOS SEXUAIS
INFANTIL POLA PAZ NO MUNDO
O alumnado de Infantil traballando e cantando pola PAZ no mundo.
ENTROIDO 2022
Mañá venres 25 de febreiro celebraremos o Entroido no noso cole!
Debido á situación epidemiolóxica as familias non poderán acceder ó interior do recinto escolar, por iso faremos un desfile polo exterior do centro a partir das 12 horas aproximadamente.
Lembramos que a estrada estará cortada no tramo do desfile dende as 11:40 ata as 12:20 h aproximadamente.
Agradecemos a todas as familias que colaboraron para levar a cabo esta festa, e tamén a nosa ANPA, que ademais este ano agasalla ó noso alumnado con orellas e rosquillas de entroido e zumos.
Esperámosvos mañá no exterior do centro.