Xogade

XORNADA DE XOGOS POPULARES. XOGADE

 Durante o mes de novembro preparámonos para participar na agardada Xornada de Xogos Populares. a nosa particular BBC galega: Bolos, Billarda e Chave.Descubrimos o divertidos que son e a destreza que hai que ter para ser un campión. Xuntámonos todos os nenos e nenas de 6º de primaria da comarca do Baixo Miño. Esta foi a primeira saída despois de tanto tempo.

CROSS ESCOLAR. XOGADE

Comenzamos a campaña de deporte escolar cunha actividade de campo a través que se desenvolveu nas instalacións do colexio Pedro Caselles de Tomiño. Asistimos toda a clase ó completo de 2ºA, 2ºB e 4ºA e 4ºB. Foi a primeira edición despois de tanto tempo, xa tiñamos gañas de volver a participar!!!, desta vez houbo que axustarse ós protocolos covid polo que tivemos que facer carreiras escalonadas a contrarreloxo e esperar a que correran todas as clases para saber o posto final. Corremos todos moitisimo e moi ben, pero os que chegaronun pouquiño  antes foron os nosos compañeiros de 2ºA. 
 
NORABOA A TODA A CLASE DE 2ºA QUE SE CLASIFICARON EN 3º LUGAR. 
 
Aqui vos deixamos unhas poucas imaxes e vídeos. 
 
CARREIRA 2º A/B e 4ºA/B.
 
 
 
O 25 de novembro  foi  o turno dos cursos de 3ºA/B e 5º, mesmo lugar e circuito adaptado a categoría. Correron tamén de maravilla terminando todos a carreira e conseguindo puntos para a clase. Esta vez aínda que as diferencias entre uns cursos e outros é de segundos os mais rápidos foron os de Altamira. Noraboa a todos pola vosa responsabilidade e boa participación.
 
CARREIRA 3ºA e 3ºB.

 

CARREIRA 5º CURSO

 

 

 

Nesta páxina poderedes atopar información de todo o deporte que se está a facer nos colexios do Baixo Miño, clasificacións, actividades...

                                 https://www.agrudebam.es/

XORNADA ATLETISMO. XOGADE

XORNADA DE ATLETISMO 5º

 
XORNADA DE ATLETISMO 6º

 
Durante o segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º participou nas xornadas de atletismo que se celebraron nas pistas de atletismo de a Macoca de Tui. Participaron os colexios de Tui, Tomiño, Salceda, o IES San Paio de Tui e o IES de Tomiño. Actividade moi agardada despois do parón pola incidencia da covid no comenzo do ano.
 A experiencia foi fantástica a tódolos niveis, nada mellor que poñer en práctica o aprendido nunha pista de atletismo, convivir con alumnado doutro centro, favorecer  a cohesión do grupo clase polos  ánimos, apoios e celebracións cos compañeiros de calquera logro.
A diversidade de modalidades que ofrece o atletismo permitíu que cada neno escollese a aquela na que se sentía mais cómodo, sempre que foi posible. O mellor da xornada, foi a ilusión e as gañas en cada carreira, salto e lanzamento.
Tanto os equipos de 5º coma o de 6º lograron o segundo posto  nestas xornadas, noraboa a todos e todas polo voso esforzo.
 
Toda a información podémola atopar na web de AGRUDEBAM
 

 

PIRAGÜISMO-DRAGÓNS

 

 
 

O pasado 25 de abril o alumnado de 6º  participou nunha xornada deportiva escolar enmarcada no programa Xogade para a práctica do piragüismo na modalidade de Piragüismo-Dragóns.

 

As instalacións deportivas do Pontillón do Castro foron o escenario dunha divertida xornada deportiva escolar. Previo a subir as embarcacións, recibimos unhas nocións básicas de navegación e a continuación o mais agardado, navegar todos xuntos e palexar ó ritmo do tambor. Quedamos encantados e con gañas de repetir experiencia, foi fantástico!.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet