Multideporte

CAMPUS DEPORTIVO VILANOVA-TOMIÑO

Os concellos de Tomiño e Vilanova de Cerveira (Portugal) organizaran conxuntamente un campus deportivo que terá lugar nas dúas fronteiras o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de novembro.Nestes días haberá distintas modalidades deportivas na que participarán nenos e nenas dos dous concellos. Asimesmo, haberá algunha actividade que poidan realizar en familia.A programación consta do seguinte:

• Venres 24 de novembro

Cerimonia de apertura do eveento con dous partidos de fútbol, amigable, entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galiza e Portugal. (16:30 horas) No pavillón municipal de Vila Nova da Cerveira.

• Sábado 25 de novembro

Actividade de orientación en familia no parque Lazer Castelinho (Vila Nova da Cerveira) de 10:15 a 12:00 horas. Atletismo/Exhibición de Calistenia na área deportiva Mosteiro (A partir de 6 anos). De 16:30 a 18:00 horas. Tenis de Mesa no Pavillon de Sobrada (A partir de 10 anos). De 16:30 a 18:00 horas.

• Domingo 26 de novembro

Piscina en familia.  Piscina Municipal de Vila Nova da Cerveira, ás 11:00 horas. Pilates en familia. Pavillón de Goián, de 12:30-13:30 horas

ROI RODRÍGUEZ BRONCE COPA DO MUNDO

Roi Rodríguez acadou medalla de bronce na Copa do Mundo en K-1 1000m, unha grande noticia da que nos alegramos moito desexando que os teus éxitos  e conquistas deportivas continúen.

noticia completa

TENIS DE MESA

O vindeiro mércores dará comenzo a competición de tenis de mesa, acollendo o pavillón de sobrada a escolares da zona do Baixo Miño. As datas previstas son o 5 de abril, 3 e 10 de maio.

Animádevos a participar!

XORNADA DE ATLETISMO

O pasado 10 de marzo, as novas pistas de atletismo do CEP Pedro Caselles acolleron a xornada anual de atletismo en pista para o alumnado de 5º de Primaria promovido por XOGADE e organizado pola  agrupación deportiva de Baixo Miño AGRUDEBAM.

O acto inaugural das pistas contou coa presenza da Alcadesa de Tomiño, o inspector de educación da zona Carlos Alberto Antúñez, o concelleiro de deportes Ismael Troncoso e a concelleira de cultura Cristina Martínez que animaron a participar, disfrutar e progresar aprendendo dos valores que promove a práctica deportiva.

Ó largo da mañá os nenos e nenas participaron en diferentes disciplinas deportivas: velocidade, lanzamentos, saltos, carreiras de medio fondo para rematar coa esperada e vibrante  proba de equipos de 4X60 m lisos.

Unha xornada colorida que lucíu polo bo ambiente deportivo presente en todo momento.

Na páxina de AGRUDEBAM poderás atopar moitas máis fotos e os resultados por equipos

Atletismo - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

IRIA RODRÍGUEZ MELLOR PROMESA 2016

http://www.farodevigo.es/deportes/2017/03/24/iria-rodriguez-leonardo-zambrano-mejores/1647349.html

Na recente Gala do deporte de Vigo  na que se fai un recoñecemento especial ós mellores deportistas da zona, Iria Rodríguez Huertas, antiga alumna do noso colexio, acaba de ser nomeada como a mellor triatleta promesa e mellor deportista feminina en categoría promesa  2016.

roi

No apartado de Mencións Especiais, o tamén antigo alumno do colexio, Roi Rodríguez Huertas  medallista Europeo en piragüismo.

Noraboa por todos os vosos éxitos e polo recoñecemento ó voso traballo.

XOGADE VOLEIBOL

O pasado mércores 30, concluía a primeira das competicións deste curso, que resultou ser moi dinámica xa que tódolos equipos xogaron aproximadamente 12 partidos.

Felicitamos os equipos de Sobrada e moi especialmente ó equipo A que estivo a piques de subir ó podio a falta so dun tanto, para outra vez será. Pero o máis importante foi o ben que xogaron e a deportividade que se respirou en todo momento. As xornadas foron moi satisfactorias

Agradecemos a Sofía do Equipo Blogger a elaboración deste vídeo que recolle os mellores momentos.

VIDEOS CROSS DE A GUARDA

O pasado fin de semana comenzamos as actividades deportivas co  agardado cross, que coma sempre logra congregar un gran número de participantes da zona do Baixo Miño. Esta proba é como unha  presentación e  arranque de toda a tempada deportiva que nos agarda.

Aqui vos deixamos dous vídeos realizados pola agrupación deportiva da zona agrudebam cunha mostra de todaslas carreiras por categorías é unha exitosa exhibición de canicross.

No album picassa de agrudebam poderedes ver fotos da xornada.

video canicross        vídeos carreiras

PEÓNS Ó CAMIÑO

O alumnado de 3º ciclo andivemos uns días investigando  sobre este xoguete tan tradicional que sobreviviu o paso dos séculos, xoguete universal que tamén é capaz de modernizarse e continúa a ser divertido en todas as súas variedades.
Esta é unha pequena síntesis da nosa investigación.

CAMPO A TRAVÉS CURSO 2016/2017

O 26 de novembro temos unha cita co atletismo no primeiro cross desta tempada, que se organizará no Concello de A Guarda nas instalacións do Camping Santa Tecla. Este cross forma parte do programa XOGADE e poderán participar dende a categoría benxamín ata a cadete.

COMPETICIÓN DE VOLEIBOL

voleibol-imagen-animada-0014 O vindeiro 16 de novembro comenza a campaña de deporte escolar deste curso coa actividade de voleibol que se desenvolverá no pavillón de Randufe os días: 16, 23 e 30 de novembro. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Powered by Drupal - Design by artinet