Distribución de froita

Chegou o inverno!

Nesta nova estación comeza o frío e con el as paisaxes brancas, cubertas de neve!!! E como na aula de 4 anos son moi deportistas, fixeron este mural no que semella que os bonecos de neve son expertos esquiadores, mentras outros se divirten xogando á comba.

Un momento!!! Non só esquían os bonecos de neve, tamén hai algunha pera que o está pasando fenomenal na neve.  Nótase que ás nenas e aos nenos de catro anos encántalles comer mooooooooita froita...Ves tí algunha froita máis facendo deporte nesta paisaxe invernal??

 

 

 

Un fantástico traballo para englobar os tres proxectos do Plan Proxecta nos que participamos dende o centro. Noraboa rapaces!!

As árbores e os seus froitos no outono

Traballamos cos froitos típicos do outono, algúns dos cales temos no patio do noso colexio, no que puidemos recoller algúns deles, como castañas e noces...ademáis das follas de cada árbore, para posteriormente levar a cabo un traballo de aula.

 

 

 

 

 

Arcimboldo de froitas

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos. Pintaba representacións de estes obxectos no lenzo, colocados de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.

Na nosa aula experimentamos con froitas e conseguimos o seguinte:

 

 

 

 

CESTAS PARA O NADAL

Este ano tocounos dende Alimenta-T-ben preparar aos de terceiro as cestas coas que o comedor nos agasalla no Nadal, polo que ademáis doutros productos navideños vai cheo de froita pra por en marcha un dos obxectivos máis importantes deste programa dentro do Plan Proxecta: comer disfrutando a froita para medrar fortes e sans.
 

Sentímonos  como unha gran empresa de produción, traballo en cadea, apoiados todo o tempo pola nosa mascota a Marela, este ano disfrazada de ser mitolóxico polo tema troncal proposto pola biblioteca...cun lema moi atractivo
 
A FROITA........manxar de deuses

 

ENQUISA SOBRE O CONSUMO DA FROITA EN 3ºB

En terceiro B fixemos unha enquisa para valorar os nosos hábitos alimenticios sobre o consumo de froita.
Despois de responder a enquisa , recollemos datos e logo levámolo a facer unhas táboas onde se vexan claramente
 


 
 


















 

 

 

MAGOSTO 2014

Como é tradición no noso cole hoxe tocou a festa da degustación da castaña, o MAGOSTO. E tamén relacionado co tema troncal proposto pola Biblioteca, a Mitoloxía: deuses gregos, seres mitolóxicos...

Como sempre pasámolo xenial, primeiro xogando con diferentes xogos populares e logo ÑAM ÑAM!! sentadiños arredor dunha caixa, porque somos moi limpos e sensibles co coidado do medio ambiente, comemos o froito típico destas datas, a castaña.

 



ESTAMOS DE NORABOA OUTRA VEZ!!!!!!

 

CONCURSO FOTOGRÁFICO "GÚSTAME A FROITA"

Que marabillosos traballos fixeron os nenos e nenas de 5º A coas TICs!!!!

Eles soíños coa axuda da sua mestra Susana preséntannos ao CONCURSO FOTOGRÁFICO convocado en Froitopía, un dos programas do Plan Proxecta.

Noraboa rapaces e moita sorte!!!!

 

ADRIÁN  5ºA
BRAIS 5ºA

 

MARTA 5ºA

 

DANIEL 5ºA

 

DAVID 5ºA

 

IVÁN 5ºA

 

JUDITH 5ºA

 

LAURA 5ºA

 

LAURA 5ºA

 

LUCÍA 5ºA

 

MANUEL 5ºA

 

NOELIA 5ºA

 

RAÚL 5ºA

 

UXÍA 5ºA

 

Video froitas

Mirade que vídeo tan chulo fixemos con fotos sacadas polos nenos e as nenas de infantil

Ninguén pode negar que as froitas do Ceip de Arzúa pásano fenomenal con nós no cole!!

 

Manualidades con froitas

Os nenos e as nenas de cinco anos ademais de comer froita realizaron un montón de manualidades con elas.

Crearon uns simpáticos imáns con forma de mandarina.

 

   

Tamén estenderon plasti, pintaron con pincel, colocaron pegatinas e recortaron estas froitas para deixalas así de chulas e apetitosas!!

Mirade como traballan!!

 



Powered by Drupal - Design by artinet