Paisaxe

DIVULGACIÓN PAISAXE

Novamente saímos na prensa, no Correo Gallego, polo noso traballo, onde se volve amosar o noso interese pola paisaxe e a aprendizaxe xunto con moitos valores ...

 
Gracias a todos e a todas pero, en especial, a nosa xornalista Mar Toledo por permitirnos chegar a toda Comunidade e fóra dela!!!!!

BOMBAS DE SEMENTES!!!

 

Que son?

Consisten, xeralmente, en bólas pequenas, non maior que unha pelota de tenis formadas por sementes, arxila e compost. O seu obxectivo é ser lanzadas en lugares de difícil acceso para lograr unha sementeira en toda regra.

 

PARA SABER MÁIS PREME A CONTINUACIÓN...

NOVA CARTELERA

 
Chega a Primavera!!!
Trae os cambios correspondentes a esta estación e tamén, como non,  a nosa cartelera na entrada do colexio do PLAN PROXECTA.
 
Os tres programas nos que participamos:
 Xogade, Aliménta-T-ben e Sutentabilidade e Paisaxe

 

Detalle

BANCO DE SEMENTES I

 

A nosa mascota a Marela propuxéranos a tarefa de investigar sobre as diferentes sementes que conseguiramos coa axuda das nosas familias.

 
Pois chegou a hora! Que emoción! Por un lado, imos ir a unha aula de 5º e para máis ABALAR, cada un teremos un ordenador para nós para a procura da información do que se nos pide na ficha sobre a semente que nos toque.
O coordinador explicounos o funcioamento e as normas coas que imos traballar...
 
E logo...
 
 
 

 

 

ATENTAS E ATENTOS A ECLIPSE!!!

        Na mañá do venres 20 de marzo de 2015 producirase unha eclipse de Sol, coincidindo tamén co último día do inverno, e Galicia será un dos mellores lugares de Europa para poder observalo!.

Unha eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se coloca entre a Terra e o Sol e oculta toda a luz do Sol ou ben unha parte. Como a Lúa é moito máis pequena que o noso planeta, a eclipse non se produce nunca en toda a Terra. A continuación podedes ver como estarán colocados o Sol, a Lúa e a Terra para que esta eclipse chegue a ter lugar.

 

 

 PINCHA EN LER MÁIS PARA VER A EXPLICACIÓN MITOLÓXICA, CONSELLOS...

 

Praia ou montaña?

Marela acompañou ao alumnado de sexto curso nunha saída na que visitaron a praia das Catedrais (Ribadeo-Lugo) e a estación de esquí de San Isidro en León.

De volta a Arzúa Marela non conseguia decidir que paisaxe lle gustou máis.

E ti? Que pensas? Praia ou montaña?

 

 

 

 

 

 

UNHA PAISAXE MITOLÓXICA ENTRE O OLIMPO EO AVERNO

Como ven marcado pola tradición, polo tema troncal da Biblioteca e porque participamos no plan Proxecta no programa de Paisaxe , o noso entroido vai estar relacionado coa Mitoloxía Grega enmarcado nunha fermosa paisaxe do Olimpo e o Averno.
Rematando cunha fermosa danza tardicional grega, SIRTAKI.

Para ver todo o que fixemos preme na imaxe e irás ao noso blog de aula

Hades e Perséfone

VÍDEOCONFERENCIA NA BIBLIOTECA: UNHA PAISAXE CÓSMICA

 
Os nenos e nenas de 5º invitáronnos a participar nunha vídeoconferencia cun profesor de astronomía e astrofísica da USC e director do observatorio Ramón María Aller, JOSÉ ANGEL DOCOBO.
 
Fixemos preguntas eel contestábanos cunha precisión fascinante: se hai marcianos, que son as estrelas dobles, os buratos negros...un sinfín de dúbidas que nos resolveu pero sobre todo invitounos a ser astrónomos, simplemente con empezar a observar o que pasa ao noso arredor, no noso ceo...xa empezamos a selo.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DOS HUMEDAIS 2.2.15

O día 2 de febreiro, ademáis da Candelaria ( a boda dos paxariños), celébrase o día dos HUMEDAIS, un TIPO DE PAISAXE diferente na que predomina a AUGA.

Nós para celebralo investigamos na internet e logo debuxamos os nosos HUMEDAIS que debemos protexer, coidar xa que neles viven moitos seres vivos que fan posible que o noso planeta sega con vida.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BANCO DE SEMENTES

Yupiiiiiiiii!!!!
Chegou unha nova carta da nosa fermosa mascota Marela...

                                                                      Témola que axudar!!!
 
 
 
E para iso temos que cubrir esta ficha
 
 
 
que logo serán archivadas nun marabilloso moble na entrada do colexio para poder seren consultadas por calquera membro da Comunidade Educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet