5º e 6º nivel de Primaria

DÍA DA INFANCIA_2020 EN 5ºA

O alumnado de 5º A fixo este mural para conmemorar o Día da Infancia. Cada alumno e alumna centrouse nun dereito, para despois ilustralo.

 

  

  

  

   

  

Tamén se traballaron os dereitos dos nenos e nenas a través dos poemas. Deixámosvos unha pequena mostra deles.

  

 

   

 

MAGOSTO E SAMAÍN EN 5º A

O alumnado de 5ºA fixo unha recompilación de refráns e cantigas sobre o Magosto. Despois, aproveitamos esta actividade para colocar unha cantiga no medio dunha castaña que cada unha/un decorou como quixo. 

     

 

Traballamos o Samaín na clase de Lingua Galega, practicando a comprensión lectora a partir dun texto subido á plataforma virtual E-Dixgal. Chegamos ás seguintes conclusións:

  • O 31 de outubro celebramos a noite de Samaín.
  • A palabra Samaín vén do irlandés antigo e significa "fin do verán".
  • Os nosos antepasados crían que os espíritos dos mortos volvían esa noite para visitar o mundo dos mortais.
  • Os celtas, a noite do 31 de outubro, acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas vestindo peles de animais, como símbolo de purificación e para afastar os malos espíritos.
  • O Halloween e o Samaín comparten orixe, pero non son a mesma festa.

Na clase de Plástica fixemos estes faroliños de Samaín.

    

 

IMPORTANCIA DA AUGA NOS ECOSISTEMAS

O alumnado de 5º E. Primaria leu este libro de banda deseñada "De quen é a auga?". A través del entendeu a importancia de administrar ben o consumo da auga e a súa importancia nos ecosistemas. 

Esta lectura enmárcase dentro do proxecto vertebrador deste curso "O medio ambiente e a saúde".

Convidámosvos a lelo:

 PREME AQUÍ

SABÍAS QUE...?

  • Non é o mesmo depurar a auga que potabilizala.
  • Custa máis diñeiro depurar a auga canto máis sucia está. 
  • Unha parte do recibo da auga destínase á depuración da mesma.
  • Botar esterco ou xurro de máis na terra pode estragar os acuíferos.
  • En Galicia gástase na casa entre 150 e 250 litros de auga por persoa e día. 

Estas e outras cuestións tan interesantes sobre o uso da auga trátanse neste libro. 

Nós quixemos plasmar isto nuns debuxos. Deixámosvos aquí unha pequena mostra deles.

   

  

ESTOMAS DA FOLLA DO ACIVRO

O alumnado de 5º E. Primaria estamos estudando as células; tipos de células, forma das mesmas, funcións que realizan...

Profundizando un pouquiño máis neste tema de Ciencias da Natureza, preparamos unha práctica moi sinxela para poder ver a través do microscopio as células da epiderme das follas do acivro. Polo medio destas células puidemos observar os estomas; uns orificios moi pequeniños que permiten o intercambio de gases e axudan a manter un nivel axeitado de auga na planta. 

A situación epidemiolóxica que estamos padecendo non nos permitiu facer este traballo en equipos e cada alumno/a preparou a súa mostra para despois levala a un dos microscopios que colocamos na aula. 

  

           

DÍA DAS BIBLIOTECAS -5º A

A semana do 24 de outubro conmemoramos o Día das bibliotecas. O alumnado de 5ºA participou no proxecto "Bibliotecas, lugares máxicos" que puxo en marcha o Equipo de Biblioteca do noso colexio. Buscou fotografías de bibliotecas con encanto e envioulle as fotografías a Remi para insertar no vídeo que ela preparou. Algún alumno, como Simón Vázquez, fixo ademais un pequeno traballo de investigación en familia, reunindo información de diferentes bibliotecas importantes do mundo. 

Deixámosvos aquí o seu traballo para que poidades desfrutalo. 

 PREME AQUÍ

Na clase vimos a presentación power point que nos explicaba as normas de funcionamento da nosa biblioteca e as comentamos. 

Por último, despois de escoitar o conto que nos dedicou Erica González, cada alumno/a fixo o seu propio resumo e ilustración deste conto tan fermoso que nos convida a roubar un pouco de tempo a outras cousiñas para gozar da lectura. 

Queda, como mostra deste traballo, o resumo de tres alumnos/as.

  

  

 

TALLER DE ROBÓTICA EN 5ºA

O martes, 6 de outubro, o alumnado de 5ºA participou nun taller de robótica organizado pola Biblioteca "Rosalía de Castro". Ata o noso centro achegáronse dous mozos de Cambre que nos explicaron como confeccionar robots a partir das pezas que eles mesmos crean coas súas impresoras 3D. Na nosa clase, puidemos montar un robot cada neno/a ensamblando as pezas que eles nos ían proporcionando. 

  

Fixemos unha pequena parada para ver "in situ" como a impresora 3D fabricaba a peza base do robot, sobre a que logo insertamos o resto das pezas. A impresora usa un plástico biodegradable. Eles comentáronnos que en Cambre teñen impresoras moito máis grandes que esta, pero o mecanismo de funcionamento é o mesmo. Durante a sesión de robótica esta impresora só fabricou unha peza!

 

Despois de case unha hora, cada neno/a puido rematar o seu robot. Aquí vos deixamos un de mostra para que vexades o noso traballo. 

  

Ao comezo da sesión agasalláronnos a todas e todos cunhas pantallas protectoras. A peza de plástico das pantallas fabrícana eles. Comentáronnos que, durante o confinamento, repartiron moitas pola súa vila para que a xente puidera protexerse, cando aínda custaba conseguir as máscaras nas farmacias.

             

 O noso agradecemento á Biblioteca "Rosalía de Castro" por facernos partícipes desta actividade.

BONECOS CON TAPÓNS DE PLÁSTICO

Este curso estamos traballando o eixe temático "Medio ambiente e saúde". Conscientes da importancia que ten a reciclaxe para o coidado do noso planeta, o alumnado de 5º E.P fixo esta actividade de Plástica, durante esta corentena que pasamos na casa. 

A actividade consistía en recuperar os tapóns de plástico e confeccionar con eles un boneco. Pero como podedes observar, tamén se poden facer outros obxectos; todo é cuestión de deixar voar a imaxinación.

     

                

        

 

O MEU PASO POLO COLEXIO_TRABALLOS DO ALUMNADO DE 6ºB

O alumnado de 6ºB fixo unhas presentacións onde repasou o seu paso polo CEIP de Arzúa. Así é como elas e eles viron esta etapa educativa:

 PREME AQUÍ

PREME AQUÍ

PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

 PREME AQUÍ

PALABRAS DE ÁNIMO E AGARIMO PARA O NOSO ALUMNADO DE 6º E.P

 

O pasado marca en gran medida o que somos no presente e o que seremos nun futuro. Todo o que fagamos hoxe terá a súa pegada no día de mañá. Pero non se pode vivir no pasado, senón que hai que afrontar o futuro con valor e decisión. 

Nós, queremos felicitarvos polos logros conseguidos, o entusiasmo e o empeño que puxéchedes en todos os proxectos desenvolvidos. Ogallá que os valores interiorizados: constancia, respecto, solidariedade, altruísmo... vos acompañen e guíen na nova etapa educativa que se abre nas vosas vidas. 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día a todos e a todas! Pasiño a pasiño chegamos xa ao fin de curso. Decirvos que estou moi contenta de ser a vosa mestra e orgullosa de todos vos por todo o traballo que fixéchedes ao longo deste curso. Seguide con esa alegría e enerxía que vos caracteriza e participando con tanta emoción nas clases de música.

Comezamos cantando a canción " Un día especial" de A gramola gominola.

 https://www.youtube.com/watch?v=OX1QjBTfchw

Seguimos cun baile onde hai un movemento moi difícil que se puso de moda e que seguro que vos sae moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=Ls_FWxWo9PI

 

 E para rematar aquí vos deixo outra canción moi animada que nos vai servir para poñer un broche final ao curso e o faremos bailando e cantando, vos animades?

 https://www.youtube.com/watch?v=VWil5FMmuEM

 

 Moitas grazas polos vosos esforzos nestes meses tan difíciles para todos. Deséxovos un feliz verán! Unha aperta moi grande!

Powered by Drupal - Design by artinet