Ed. INFANTIL

2012, Ano do Dragón

En Infantil seguimos aprendendo as costumes da China, por iso celebramos o Ano Novo Chino comprartindo unha merenda, rodeados de dragóns e faroliños chinos que nós mesmos creamos.

O 2012 é o ano do dragón que simboliza o ben, a forza, a armonía e a boa sorte. 

Se queredes ver algunha foto do momento premede aquí.


 

FELIZ ANO DO DRAGÓN!!!!!

FELICITACIÓN DE NADAL

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS DESEXAMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO.


O regreso ao mundo dos contos

Hoxe, algunha personaxe escapou do seu conto para vir facernos unha visita ao cole. Incrible!

Por sorte, os nenos e as nenas de 5 anos A víronas e convencéronas para que voltasen ao seu marabilloso mundo: ao mundo dos contos. Parécevos imposible? Pois ollade os video que nos prepararon!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Personaxes dos contos

 

 

Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca, organizamos un xogo de investigación mediante pistas.

O traballo dos nenos e das nenas de educación infantil foi atopar determinados libros a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole)  os máis pequenos poideron xogar con este libro LIM no que tamén están as personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!

Para ver o xogo a pantalla completa preme no cadrado da parte superior dereita da imaxe. 

Imaxes en movemento

Un boneco feito con xiz axúdanos a manter limpo o cole. Ata para limpar temos arte!

Mirade o vídeo.

(Tanto este vídeo como o da entrada anterior fixéronnos os nenos e as nenas de 5 anos, sacando eles mesmos as fotos)

sentímolo, flash non está dispoñible.

Imaxes en movemento

Algo está pasando no cole, os zapatos andan sen pés!! Será maxia? Ollade o vídeo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet