Ed. INFANTIL

A lingua Lola

Lalaralalala, lilirililili, lolorolololo, a lingua Lola encántalle cantar, pero tamén lle gusta percibir novos sabores, iso nos contou Thais. Como  a nós o que nos gusta e experimentar, aquí nos tedes probando alimentos doces, salgados e ácidos...que difícil distinguilos!! Seguiremos degustando!

 

 

Preme aquí para ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos nas sesións de estimulación da linguaxe en Educación Infantil

 

 

Saída Avifauna

O pasado día 23 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída Avifauna. Pasámolo xenial!

Preme aquí se queres descubrir todas as aves que vimos. E a ti, cal che gusta máis?

 

 

Unha landra?

O pasado mes de outubro os nenos e as nenas de 3 anos sementamos unha castaña e unha landra.

 

 

 
Pois ben, onte cando entramos na aula levamos unha enorme sorpresa porque despois de agardar moooitos días a landra agromou da terra para convertirse nun carballo!!
Agora só esperamos que non nos pase o mesmos que a "Xaime e as landras".


Siluetas

Na aula de 3 anos estamos coñecendo as partes do noso corpo...temos que ser conscientes do que temos para poder MOVERNOS!!
Por isto, realizamos estas siluetas dalgún de nós e decorámolas con moooooitos círculos!!!



Paisaxe outonal

Landras e castañas convertidas en cogomelos!! Atopades algún outro elemento característico do outono nesta paisaxe?

 

 

 

Os tres tenedores

Con motivo do Día do neno o Concello de Arzúa convidounos ao concerto de "Os Tres Tenedores" na Casa da Cultura. Este grupo de animación musical ensinounos, ao alumnado de Educación Infantil, distintos tipos de instrumentos e varias versións da popular canción "A saia da Carolina" 

Algún de nós participou nunha orquestra e, outros, cantamos e bailamos!!!

Saída infantil

O pasado venres as nenas e os nenos de infantil viaxaron ata a cidade de A Couña para coñecer o Acuario.

Alí, desfrutaron vendo ao tiburón Gastón, as focas e un montón máis de peixiños, mira, mira... 

 

 

As froitas e os seus derivados.

Sabedes que coas froitas se elaboran moitos outros alimentos? Os nenos e as nenas da aula de 5 anos descubrírono fai pouco, ollade o seu traballo.

Xogo outono

Aquí tedes un xogo para aprender cousas do outono.

Unha viaxe de conto!

No día de hoxe, os nenos e as nenas de Educación Infantil viviron unha xornada de conto!! Visitamos o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol, Lugo) onde coñecimos como se vivía nun castelo, pero o que máis nos sorprendeu e que alí estaba A Bruxa Maruxa!!!!

Preme aquí para ver as fotografías da xornada

Powered by Drupal - Design by artinet