1º Curso

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS en 1ºB, 20 de maio

Que sería de nós sen as abellas?

Faite esta pregunta cada vez que vexas unha ou unha colmea.

Son indispensables na polinización e iso fai que poidamos vivir neste planeta Terra pola existencia do osíxeno, que as plantas son quen de producilo!

 Lede a carta premendo aquí e coñece a Cebra e a súa historia.

          

        

             

           

 

 Nunha colmea hai tres tipos de abellas: a raíña, as obreiras e os zánganos, cadaquén coa sua funcion dentro da comunidade das abellas.

         

          

 

Grazas ao alumnado de 6º de EI  e asúa profe Mary por compartir este  PHOTOCALL

EXPOSICIÓN DE "RECORDO DE ARZÚA" NA BIBLIOTECA MUNICIPAL, 1ºB de EP e 6º de EI

Por fin chegou o día!!

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro inauguramos hoxe a exposición dos nosos traballos feitos no proxecto levado a cabo co Museo de Bellas Artes de A Coruña, dentro dun dos numerososo retos que Laura, Sara e Clara nos poñen ao longo do curso. Este concretamente chámase RECORDO DE ARZÚA, onde tivemos que debuxar lugares da nosa vila, basándonos no mesmo que fixo Urbano Lugrís coa cidade de A Coruña e facer unhas fermosas postais:

Arzúa, a nosa vila, ten moito que recordar e, sobre todo, zonas con auga, ese prezado tesouro que fai posible a vida.

Por iso hoxe, as dúas clases tivemos unha saída para asitir a tan fantástico evento, grazas a personal do Concello e da Biblioteca que o fixeron posible:

Xa alí dentro, unha gran sorpresa que nos tiñan organizado para facer inesquecible este día: unha concontos chamada Marisa.

Pero iso contámosvolo despois porque primeiro imos ao tema principal, a nosa exposición:

 

En fila e preparados para comezar a visita a modo de serpe:

Esta é a biblioteca municipal cunha nova decoración: AS NOSAS POSTAIS

 

Invitámosvos a que vaiades e desfrutedes do noso traballo!!

 E para rematar a sesión de contacontos, moi entretido e divertido. Dous contos un sobre animais e outro sobre un truco dun barco de papel que navegaba polo océano...

       

Grazas Marisa e Moncho!!!

 

ASÍ DESFRUTAMOS DA OBRA H2...OH!!!! en 1ºB

O venres desfrutamos dunha obra moi didáctica cunha temática moi científica: Marie e Pierre Curie, o big bang, contidos como flexibilidade, densidade, dureza, dilatación...

Estas son as nosas impresións despois de pasar o fin de semana!!!

Temos curiosidade ou non?

Unhas fermosas opinións!!!

 

 

DÍA DOS MUSEOS en 1ºB, 18 de maio

A nosa clase, 1º B, estamos moi conectados co mundo dos museos, dende que traballamos a reo cun deles nun proxecto fantástico de Arte, este ano AUGA FONTE DE VIDA e por iso decidimos para celebrar o Día Internacional dos Museos seguindo o lema proposto para este ano 2023: "Museos, sostibilidade e benestar" mandar a nosa mascota Gotiña Gotín de viaxe a visitar museos por todas as cidades europeas. Para saber que estivo ali mandounos unha foto posando:

 

Museo Bellas Artes de A Coruña                                 Museo do Prado en Madrid

 

Museo MAAT en Lisboa                                Museo del Louvre en París

 

Galería Borghese en Roma                                  Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela                   

Museo Británico en Londres

 

National Gallery en Londres

    

 Museo Nacional Rijks en Amsterdam                    Museo de VanGogh en Amsterdam 

FAI CLIC NO TEU BOCATA en 1ºB

Xa estamos na segunda actividade do programa do Plan Proxecta Alimentate Ben e toca poñer en práctica o aprendido sobre unha alimentación saudable: comer peixe varias veces á semana, mellor fresco que en conserva...pero vale xa que mellor que nada!

Con esta actividade titulada FAI CLIC NO TEU BOCATA, primeiro escoitamos atentamente a información da man dun dos monitores, logo fixemos uns xogos e para rematar elaboramos, coa axuda da cociñeira, cadaquén o seu bocata elexindo libremente os ingredintes entres varias opcións (pementos, cebola, atún, leituga, aceitunas, queixe ou sardiñas) ademais de lembrar a necesidade de tomar froita e verduras a diario. 

Aquí tamén nos presentaron as mascotas do proxecto

    

E agora a xogar cos contidos aprendidos dunha boa e san alimentación:

E por ultimo facer filas para elaborar o noso bocadillo, por iso dicimos FAI CLIC!!

E despois de facelo...comelo!!!!

H2......OH!!!!! Obra de teatro en galego

Hoxe asistimos a unha obra de teatro organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística titulada H2...OH! onde a curiosidade é o primeiro elemento que nos pica cando abrimos un libro ou en calquera momento da nosa vida.

Temos que ser curiosos e investigar, quere saber, preguntar ...


Marie e Pierre Curie, dous científicos franceses que viaxaron no tempo, viñeron a visitarnos e  a explicarnos conceptos relacionados coa auga, a súa polaridade, as súas propiedades, as súas características como a súa densidade e a súa cor,  a súa función na fotosíntese, a dilatación dos metais coa calor, a composición dun átomo ( neutrinos, protóns e electróns), a luz ((velocidade e propagación en liña recta)... e todo con divertidos experimentos que aplaudiamos sin parar. Ademais da compañía de María Canosa.

 

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS en 1º B, 17 de maio

Outra semana mais dun ano escolar adicada á Letras Galegas, onde traballamos a figura do homenaxeado/a o 17 de maio.

Este ano 2023 adícase a Francisco Fernández Del Riego, Don Paco, que loitou polo galego e para que perdure no tempo. Elaboramos unha pequena biografía deste persoeiro tan importante na nosa cultura e que deixou unha grande pegada.

Ademais de elaborar un caderno onde traballamos a súa figura en canto a datos biográficos, libros, temas e gustos do propio Don Paco:

Un marcapáxinas onde fixemos alusión ao Rosalía de Castro, xa que un 17 de maio de fai moitos anos publicou Cantares Gallegos:

E tamén asistimos a outras actividades organizadas polo centro como Polo correo do vento, onde aprendemos a debuxar unha caricatura do escritor e académico.

 

Tamén asistimos a un concerto de Paco Pakolas e Mero, onde cantamos sen parar:

Para o que fixemos este cartel:

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA en 1ºB, 15 de maio

O Día Internacional das Familias celébrase o  de cada ano para concienciar sobre o papel fundamental das familias na educación dos nenos e nenas desde a primeira infancia, e as oportunidades de aprendizaxe permanente que existen para os nenos e nenas e os mozos.

A pesar de que o concepto de familia foi transformado nas últimas décadas, evolucionando segundo as tendencias mundiais e os cambios demográficos, Nacións Unidas considera que a familia constitúe a unidade básica da sociedade. Neste contexto, o Día Internacional das Familias dános a oportunidade de recoñecer, identificar e analizar cuestións sociais, económicas e demográficas que inciden no seu desenvolvemento e evolución. Por iso, para celebrar este día, organizamos actividades, como obradoiros e debates, entre outras, co obxectivo de promover e favorecer o mantemento e mellora da unidade familiar.

Do obradoiro sairon traballos como estes onde aparecen reflexados os diferentes tipos de familias no alumndado deste grupo e fora del, por suposto:

    

     

    

 

   

 

TÍ SI QUE ES UN BO PEIXE en 1ºB

Os nenos e nenas de 1ºB estivemos nun obradoiro TI SI QUE ES UN BO PEIXE onde nos recomendaron unha alimentación moi chea de peixe e marisco...

Sí, sí ...escoitastes ben!

 

Variado e rico marisco e querémosllo facer chegar as familias!!

Os produtos maís recomendados son os que debuxamos e moi ben para que non haxa confusións!!!

Ummmm! xa nos está entrando un apetito!!!

E poñendo  en práctica e integrando as Tics  deseñamos uns puzzles con estes debuxos na app picturetopeople. Só tedes que imprimilo e recortalo:

 

 

 

 

 

 

 

ou con outras apps como puzzel.org que fan posible construir puzzles interactivos:

https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-NVdyJM6d-towECUxFT- 

AS VERBAS DA CHOIVA EN 1ºB

A choiva é un fenómeno atmosférico que se inicia coa condensación do vapor de auga que conteñen as nubes. As choivas son unha parte esencial do ciclo hidrolóxico, como responsable do depósito de auga doce na terra.

En Galicia chove tanto e de xeitos tan distintos que temos un vocabulario amplísimo para denominar os distintos tipos de precipitacións:

Arroiada, bátega, brétema, cegoña, babuña, barruzo, borralla, chuvisca, fuscallo, saraiba, pedrazo, pedrazo, torva, néboa, zarrazina, froallo, lapiñeira, parrumada, poalla, treixada, xistra…

Para isto propóñennos facer unha representación ou cadro da choiva e/ou mural cos nomes da choiva...

O NOSO MURAL DAS VERBAS DA CHOIVA


 A nosa língua, o galego, é moito de auga!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet