MUSEO AO MIÚDO

Este ano como non podemos ir de excursións aos MUSEOS, traemos os museos ao cole. Este trimestre tiñamos organizada unha saída ao Museo de Belas Artes de A Coruña, pero viñeron novas restricións polo COVID e tivemos que anulala. Pasados os dias recibimos unha grande sorpresa, participar nun proxecto con Laura e Sara, as educadoras deste museo:

 

 

 Hoxe xa empezamos a investigar sobre este museo: onde está, quen o deseñou, número de salas, exposicións... que deixamos reflexado nestes fermosos debuxos do museo ao miúdo:

Decidiuse a edificación dun novo museo moi preto de onde estaba o antigo. O encargo recaeu no prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que conseguiu o premio Nacional de Arquitectura polo devandito edificio, finalmente inaugurado en 1995.

 

Powered by Drupal - Design by artinet