USO DE MASCARILLAS NOS NENOS E NENAS

Como xa sabemos, desde o pasado 21 de maio é obrigatorio o uso de mascarillas en España en espazos públicos todas as persoas maiores de 6 anos sempre e cando non se poida garantir a distancia de seguridade de dous metros

 

 

 

O xeito de reaccionar dos nenos e das nenas ante o uso destas pode ser moi distinta, dependendo en parte da idade que teñan.

Moitos queixaranse que lles abafa, que lles da calor... unha infinidade de motivos para non facer uso destas.

Pero... como podemos axudar aos nosos fillos e fillas ao uso de mascarillas?

Aquí van algún consellos:

 

 

©    

Explicarlles de xeito claro POR QUÉ e PARA QUÉ temos que empregar as mascarillas. Pode ser moi útil explicalo empregando valores como o respecto, coidado, responsabilidade... e vinculalo cos familiares.

©    

Facer o uso de mascarillas algo divertido, podemos buscar distintos modelos ou debuxos para que lles chamen a atención.

©    

É moi importante que saiban en que momentos e lugares deben facer uso destas.

©    

O xogo é unha ferramenta moi útil de aprendizaxe, así que podemos practicar o uso destas na casa a través do mesmo.

©    

Poñer o exemplo de que somos un SUPERHÉROES ou SUPERHEROÍNAS, todos eles soen levar a cara cuberta, pois nós tamén unimos as forzas contra o coronavirus.

©    

No alumnado de máis idade pode ser útil amosarlle imaxes dalgún famoso ou famosa que lles gusten ou admiren facendo uso das mascarillas.

©    

Os máis pequenos e pequenas poden levar consigo nos paseos o seu peluche o boneco favorito cunha mascarilla feita por eles e elas.

 

  E o máis importante....somos o seu exemplo, se queremos que eles e elas o cumpran e o normalicen, nós debemos ser os primeiros en cumprilo.

 

 

A continuación comparto un material que pode axudar a explicar esta nova situación aos nosos pequenos e nosas pequenas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Coronavirus_Dossier_Mascarillas_y_diversidad_funcional.pdf2.61 MB
Coronavirus_Las_mascarillas_explicadas_para_ninyos_y_ninyas.pdf1.5 MB
Coronavirus_Rutina_Instrucciones_para_mascarilla.pdf733.51 KB

Powered by Drupal - Design by artinet