Skip to Content

3 anos

CHARLA NUTRICIÓN E ALIMENTOS ECOLÓXICOS

Estimadas familias.

 

O vindeiro LUNS 4 DE MARZO levaremos a cabo na biblioteca do centro unha charla sobre nutirición e alimentos ecolóxicos, dentro do proxecto de vida activa e deportiva do centro.

 

Temos 30 prazas dispoñibles, os/as interesados/as deberedes mandar un correo electrónico á ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal; a inscripción é por orde de recepción das mensaxes.

 

Charla: Nutrición e alimentos ecolóxicos.

Horario: 16:30 horas.

Duración: 1h 45 minutos (aprox.)

Temáticas: 

- Diferencia fundamental entre alimentos e nutrientes.

- Adopción de hábitos alimenticios variados e equilibrados.

- Productos ecolóxicos, inclusión na nosa dieta.

- Investigaremos a natureza dos alimentos procesados, realizando un experimento práctico.

 

- Consellos para planificar comidas saudables, completas e económicas.

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Comezamos coas reunións de comezo de curso.

O vindeiro luns tócalle o turno ás familias de 4 e 5 anos e ás de 2º de educación primaria.

Fixádevos no horario establecido polas titoras.

 

 

BENVIDA ANPA

Benqueridas familias!

 

Somos a ANPA Herrerías do CEIP Cidade Vella, e funcionamos como ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Nesta ligazón tedes un resumo de todas as actividades principais que facemos: https://anpaherrerias.blogspot.com/p/blog-page.html

 

Temos dúas canles de información xenéricas nas que compartimos toda a información útil para as familias e que vos serán especialmente prácticas na vosa chegada ao centro:

 

O noso canal de Telegram: https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg. Recomendamos que, ademais de suscribirvos, activedes as notificacións para que o teléfono vos avise cando vos fagamos chegar algunha información.

 

PERIODO ADAPTACIÓN AULA 3 ANOS

Estimadas familias.

Para a vosa comodidade presentamos o horario e os grupos do periodo de adaptación.

 

REUNIÓN AULA 3 ANOS

Prezadas  familias.

 

O vindeiro MÉRCORES 6 DE SETEMBRO ás 12:00 horas, terá lugar unha reunión para as familias de 3 anos co fin de concretar o periodo de adaptación así como as normas e funcionamento do curso escolar 2023-2024.

Benvido 2023!

Boas familia!

Xa tedes aquí algún dos primeiros traballos do segundo trimestre da aula de 3 anos. Pinchade na imaxe para ver as tarefas dos nen@s. Un biquiño. A profe Marta.

Últimos traballos do trimestre

Boas familia!

Aquí podedes ver os últimos traballos do trimestre da aula de 3 anos. Pinchade na imaxe para ver as tarefas dos nen@s. Boas Festas. Un biquiño. A profe Marta.

SEGUIMOS TRABALLANDO!

Boas familia!

Aquí podedes ver como seguimos a traballar na aula de 3 anos. Pinchade na imaxe para ver as tarefas dos nen@s e AQUI para ver un baile terrorífico.

 

 

Os nosos primeiros traballos!

Boas familia!

Aquí podedes ver unha selección dos primeiros traballos e actividades dos vosos fillos nos primeiros días de escola! Pinchade na imaxe. 

Un biquiño! Marta

MATERIAL 3 ANOS

Este é o material para o curso 2022-2023.

MATERIAL 3 ANOS

Distribuir contido


by Dr. Radut