Dentro do programa do concello "Máis rápidas, máis altas e máis fortes" promovido pola concellería de deportes do Concello de A Coruña, o alumnado de 6º de educación primaria, puido disfrutar dunha formación teórico-práctico por parte do clube de atletismo Coruña Throwers, clube especializado nas modalidades de lanzamento do atletismo.
Tivemos a sorte de que nos acompañaron tres mulleres que representan ao presente e futuro das modalidades de lanzamento a nivel estatal, que nos explicaron, primeiro de forma teórica, diferentes aspectos dos lanzamentos (técnica, regras, espazos...) e a continuación nos organizaron unha serie de exercicios e exhibicións no patio.
Foi unha xornada moi divertida, tedes máis fotos na galería.