Skip to Content

AS NOSAS LETRAS EN FAMILIA

 

Prezadas familias, 

Dende a Biblioteca queremos convidarvos a celebrar con nós a Semana das Letras Galegas. Mais, para iso, precisamos a vosa colaboración! 

Dende o día 23 ao 31 de maio, as portas da biblioteca e das nosas aulas abriranse para acoller historias, contos e relatos da temática que consideredes, coa particularidade de que sexan en galego, preferiblemente (sabemos que hai familias que non dominan o idioma polo que poden ler en castelán).

As persoas que queirades participar (pais e nais, irmáns maiores, avós e avoas…) podedes poñelo en coñecemento das/o titor/a do voso grupo (a través do Abalar) ou enviando un mail ao correo do centro (ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal), indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. E se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto co equipo da biblioteca a través do correo electrónico anteriormente indicado para que vos asesoren ou vos presten algún libro da nosa biblioteca. 

O prazo para apuntarse a esta iniciativa remata o xoves día 10 de maio. A partir dese día, indicaranse ás persoas que participedes a data e a hora á que tedes que vir. 

Estamos desexando escoitar as vosas historias! 

Agardamos a vosa colaboración. 

Un saúdo.

 

 

O Equipo de Biblioteca.



page | by Dr. Radut