Skip to Content

BiblioLeo

LECTURA EN FAMILIA. AS NOSAS LETRAS.

 

Prezadas familias.

Adxuntamos os horarios das lecturas en familias co tema "As nosas letras", para aquelas familias que se inscribiron.

Agradecémosvos a vosa participación.

AS NOSAS LETRAS EN FAMILIA

 

Prezadas familias, 

Dende a Biblioteca queremos convidarvos a celebrar con nós a Semana das Letras Galegas. Mais, para iso, precisamos a vosa colaboración! 

Dende o día 23 ao 31 de maio, as portas da biblioteca e das nosas aulas abriranse para acoller historias, contos e relatos da temática que consideredes, coa particularidade de que sexan en galego, preferiblemente (sabemos que hai familias que non dominan o idioma polo que poden ler en castelán).

As persoas que queirades participar (pais e nais, irmáns maiores, avós e avoas…) podedes poñelo en coñecemento das/o titor/a do voso grupo (a través do Abalar) ou enviando un mail ao correo do centro (ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal), indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. E se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto co equipo da biblioteca a través do correo electrónico anteriormente indicado para que vos asesoren ou vos presten algún libro da nosa biblioteca. 

OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS

Benqueridas familias.

O vindeiro LUNS 29 DE ABRIL, levaremos a cabo un obradoiro na biblioteca do centro, dentro do programa Lectura e Familias que iniciamos este curso.

O horario será de 16:30 a 18:30 horas.

A continuación deixovos información dos temas a tratar.

 

 

Por tema de espazo só podemos acoller a 25 persoas, polo que os/as que estedes interesados/as deberedes mandar un correo electrónico a ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal. A inscripción será por rigurosa orde de recepción dos mails.

 

Animádevos a participar!

ENCONTROS CON AUTORES: MARÍA CANOSA

Ola!

O pasado 14 de marzo as nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria recibimos a María Canosa, veu falarnos dos seus libros:

"O día que choveu do revés" e "As pombas de Bastián"

Moitas grazas, María!

 

 

 

 

 

NOVIDADES MARZO 24

Novidades na biblio.

 

 

Pronto haberá mais...

Leo

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA - NADAL 2023

 

                                                                                                                           

                                                                                            

CERTAME DE RELATOS BREVES DE NADAL 2023

Xa temos dispoñible o libro dos relatos de Nadal deste curso.

 

 

NOVAS LECTURAS NA BIBLIOTECA

TEMOS NOVAS LECTURAS NA BIBLIOTECA:

ESPERO QUE AS DISFRUTEDES!

LEO

CERTAME DE RELATOS BREVES DE NADAL

Xa temos preparadas as actividades para Nadal

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

LECTURAS A EDUCACIÓN INFANTIL

Iniciamos o programa de lecturas a Educación Infantil polo alumnado de 5º e 6º de primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut