Skip to Content

BENVIDA ANPA

Benqueridas familias!

 

Somos a ANPA Herrerías do CEIP Cidade Vella, e funcionamos como ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Nesta ligazón tedes un resumo de todas as actividades principais que facemos: https://anpaherrerias.blogspot.com/p/blog-page.html

 

Temos dúas canles de información xenéricas nas que compartimos toda a información útil para as familias e que vos serán especialmente prácticas na vosa chegada ao centro:

 

O noso canal de Telegram: https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg. Recomendamos que, ademais de suscribirvos, activedes as notificacións para que o teléfono vos avise cando vos fagamos chegar algunha información.

 

A nosa páxina web: https://anpaherrerias.blogspot.com/, na que compartimos a mesma información que no Telegram. Podedes suscribirvos a ela para recibir todas as novidades que se publiquen directamente no voso correo electrónico.

 

Ademais, para calquera dúbida, comentario ou suxerencia estamos disponibles na nosa dirección de correo electrónico apaherrerias@gmail.com.

 

Unha aperta e bo comezo de curso!

ANPA Herrerías



page | by Dr. Radut