Skip to Content

5 anos

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Comezamos coas reunións de comezo de curso.

O vindeiro luns tócalle o turno ás familias de 4 e 5 anos e ás de 2º de educación primaria.

Fixádevos no horario establecido polas titoras.

 

 

MATERIAL 5 ANOS

Este é o material deste curso 2022-2023.

MATERIAL 2022-2023

REUNIÓN DE AULA 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 6º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 20 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Marta Rey Soto.

ACTO DE DESPEDIDA DO CURSO

Queridas familias: o vindeiro luns 21 de xuño ás 16 h 15, faremos un pequeno acto de despedida dos nosos alumnos. Xa sabedes que non podemos facer festival como outros anos e por motivos de seguridade só poderedes acompañar ao alumno un só adulto. O acto farase no patio cumprindo o protocolo de distancia de seguridade e espazo aberto. Teredes indicado onde hai que situarse co fin de gardar a debida distancia de seguridade. Espérovos a todos os que poidades vir e se algún non pode ,o martes 22 dareilles aos  nenos que faltaron, o mesmo que lle temos preparado para o luns . 

Vémonos, saúdos  Profe  Mary

Novo material

Ola familias: o próximo luns día 26 de abril os nenos traerán o colexio o caderno e conto nº 6 Un animal muy raro. Grazas pola vosa colaboración.

rectificación

Volta das vacacións  martes 6 de abril

Cartafol e material para o vindeiro trimestre

Ola familias : estamos a terminar o trimestre , como sempre debedes de traer o cartafol para levar os traballos que temos deste trimestre antes do venres 26. No cole teño os cartafoles de Sergio  Jesús, Xoel,  Daian e Julia Calderón.

Á volta das vacacións de Semana Santa, o martes 3 de abril, traerán co nome posto dentro do cartafol: caderno  e conto da unidade 5 O espantallo, a bolsa coas láminas de ambientación , festas e arte, e o caderno de Aprendo cos contos nº 3. 

Grazas como sempre pola vosa colaboración.

novo material para levar ao cole

Ola familias:   pídovos que o vindeiro luns día 1 de marzo, os nenos traian ao cole o caderno Cosas de Egipto  y Los Zorros (co nome posto) e dentro do cartafol. Moitas grazas pola vosa colaboración Profe Mary

caderno Nº 4

Ola familias: outra vez aquí. Despois de realizar hoxe uns pequenos axustes pídovos que o vindeiro luns día 8, os nenos traian ao cole o conto e o caderno nº 4  viaje al desierto (co nome posto) e dentro do cartafol. En clase teño algúns cartafoles que as levarán para casa mañá.

Con respecto ao caderno  AbCole nº 2 leváseno para casa. As fichas que non estean terminadas faranas coa vosa axuda en casa. Así mesmo levan o  pasaporte lector para terminar.

Grazas como sempre pola vosa colaboración 

Profe  Mary

Erro na activación do caderno nº 3

Xa teño o novo código do grupo do caderno nº3

s0059GVRS

Sinto os problemas, a ver se agora xa se soluciona.

Grazas Profe Mary

Distribuir contido


by Dr. Radut