Skip to Content

4 anos

ÚLTIMOS TRABALLOS DO 1ºTRIMESTRE

Ola familias,

xa tedes os últimos traballos dos peques deste 1º trimestre.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

TRABALLOS DE SAMAÍN

Ola familias,

xa tedes os traballos de Samaín dos peques.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

MATERIAL AULA 4 ANOS

Este será o material que debedes mercar para o curso 2022-2023.

MATERIAL AULA 4 ANOS

Cartafol

Bos días, Entre esta semana e a que vén, o alumnado de 5º Ed. Infantil, ten que traer ao cole un cartafol tamaño Din A4 con nome. Grazas Un saúdo

REUNIÓN DE AULA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 5º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 27 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Alba Iglesias Sousa.

Materiais 5º Educación Infantil

Bos días!

Déixovos a listaxe de materiais necesario para este novo curso. Este deberá traerse nos primeiros días.

Moitas grazas.

Un saúdo.

Profe Alba

EVOLUCIÓN DO MEU DEBUXO

Boa tarde familias.

 

Déixovos a evolución do debuxo, tendo en conta o que falamos.

 

Boas vacacións!

REMATE DE CURSO

Compañeiras e compañeiros de andaina!!

 

Precisamos para o mércores 9 o último caderno:

 

- Caderno de fichas 6: "Una mancha en el mar" (carpeta do terceiro trimestre). Déixovos foto adxunta.

 

Por outro lado, o día 21 de xuño, as 17.15h, teremos unha xuntanza voluntaria para despedirnos e facer un mini resumo do curso. A asistencia será dunha persoa por famiia e sen nenas/os.

 

Grazas pola colaboración.

 

Unha aperta. Sara.

TERCEIRO TRIMESTRE

Bo día familias!

 

De cara a o terceiro trimestre precisamos, entre mañá martes 6 e o mércores 7 o seguinte material con nome:

 

- Caderno 4: "VIAJE AL PAÍS DEL HIELO" (que se encontra na carpeta do segundo trimestre).

- Caderno 5: "LA FLOR ESTRELLA" ( que se encontra na carpeta do terceiro trimestre)

 

- As familias que ainda non trouxeron o rolo de papel de cociña, por favor que o traian co caderno, é para a sua hixiene persoal.

 

Por outro lado, ireivos convocando para as titorías que tiñamos pendentes a partir do luns.

 

Que teñades boa volta!! (Deixovos no adxunto as imaxes dos cadernos)

 

Apertas. Sara.

 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE

Compañeiras e compañeiros de andaina. Cómo estades?

 

Póñome en contacto con vos, por diferentes motivos.

 

Por un lado, precisamos novamente, papel de cociña para a hixiene persoal das nenas e nenos. 

 

Por outro lado, de cara a facer algunha actividade na aula, preciso actualizar si algún neno ou nena presenta algunha intolerancia alimenticia. Si a resposta é afirmativa, por favor, escribide un correo a cidadevellainfantil@gmail.com co tipo de intolerancia. Si é negativa, non fai falta que o comuniquedes. 

 

Debido a que esta semana é a da avaliación e queda soamente unha semana máis, as titorías pendentes de forma xeral trasládanse ao terceiro trimestre. 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración! Seguimos en contacto para calqueira asunto vía mail.

 

Apertas. Sara. 

Distribuir contido


by Dr. Radut