Skip to Content

Educación Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

VOLTA O COLE SETEMBRO

A Coruña 8/9/2020

Estimadas familias:

                                Comezamos o vindeiro venres día 11 un novo e diferente curso. Teremos unha reunión (xa vos avisarei do día e da hora) para explicarvos máis detalladamente os cambios.

Os nenos traerán a máscara posta máis unha de reposto nun estoxo/bolsa. Ademais, para a hora da merenda deberán traer outro estoxo/bolsa para gardar a máscara mentres comen.

Paquete de  clínex na mochila para o seu uso persoal.

Máis que nunca se evitará traer ao colexio aos nenos enfermos.

Como este curso non podemos compartir os materiais tedes que comprar un estoxo para gardar o material. O principal é que sexa práctico e saiban abrilo e pechalos  autónomamente. Dentro traerán unha goma  MILAN 430. Do resto do material xa me encargo eu, xa que sobrou do curso pasado. Aos alumnos de nova incorporación xa vos darei a lista de material.

Reunión familias alumnos de 3 anos

O vindeiro luns 6 de setembro  ás 11:30 horas teremos unha reunión coas familias dos nenos e nenas de 3 anos que se incorporan este ano. A reunión será no salón de actos e só se permite asistir a unha persoa por familia. Se algunha familia non pode asistir poñerse en contacto co centro.

Lembramos a obrigatoriedade da máscara, hixiene de mans, e distancia de seguridade de 1.5 metros. Non asistir no caso de ter síntomas.

Distribuir contido


by Dr. Radut