Skip to Content

Educación Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

TERCEIRO TRIMESTRE

Bo día familias!

 

De cara a o terceiro trimestre precisamos, entre mañá martes 6 e o mércores 7 o seguinte material con nome:

 

- Caderno 4: "VIAJE AL PAÍS DEL HIELO" (que se encontra na carpeta do segundo trimestre).

- Caderno 5: "LA FLOR ESTRELLA" ( que se encontra na carpeta do terceiro trimestre)

 

- As familias que ainda non trouxeron o rolo de papel de cociña, por favor que o traian co caderno, é para a sua hixiene persoal.

 

Por outro lado, ireivos convocando para as titorías que tiñamos pendentes a partir do luns.

 

Que teñades boa volta!! (Deixovos no adxunto as imaxes dos cadernos)

 

Apertas. Sara.

 

 

Cartafol 3º trimestre Pompas de Xabón

Boas tardes, ao longo desta semana, os/as alumnos/as de 3 anos teñen que traer o cartafol do 3º 

trimestre (Pompas de xabón) cos nomes postos en todos os cadernos.

 

Un saúdo

 

Alba

rectificación

Volta das vacacións  martes 6 de abril

Cartafol e material para o vindeiro trimestre

Ola familias : estamos a terminar o trimestre , como sempre debedes de traer o cartafol para levar os traballos que temos deste trimestre antes do venres 26. No cole teño os cartafoles de Sergio  Jesús, Xoel,  Daian e Julia Calderón.

Á volta das vacacións de Semana Santa, o martes 3 de abril, traerán co nome posto dentro do cartafol: caderno  e conto da unidade 5 O espantallo, a bolsa coas láminas de ambientación , festas e arte, e o caderno de Aprendo cos contos nº 3. 

Grazas como sempre pola vosa colaboración.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Compañeiras e compañeiros de andaina. Cómo estades?

 

Póñome en contacto con vos, por diferentes motivos.

 

Por un lado, precisamos novamente, papel de cociña para a hixiene persoal das nenas e nenos. 

 

Por outro lado, de cara a facer algunha actividade na aula, preciso actualizar si algún neno ou nena presenta algunha intolerancia alimenticia. Si a resposta é afirmativa, por favor, escribide un correo a cidadevellainfantil@gmail.com co tipo de intolerancia. Si é negativa, non fai falta que o comuniquedes. 

 

Debido a que esta semana é a da avaliación e queda soamente unha semana máis, as titorías pendentes de forma xeral trasládanse ao terceiro trimestre. 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración! Seguimos en contacto para calqueira asunto vía mail.

 

Apertas. Sara. 

novo material para levar ao cole

Ola familias:   pídovos que o vindeiro luns día 1 de marzo, os nenos traian ao cole o caderno Cosas de Egipto  y Los Zorros (co nome posto) e dentro do cartafol. Moitas grazas pola vosa colaboración Profe Mary

caderno Nº 4

Ola familias: outra vez aquí. Despois de realizar hoxe uns pequenos axustes pídovos que o vindeiro luns día 8, os nenos traian ao cole o conto e o caderno nº 4  viaje al desierto (co nome posto) e dentro do cartafol. En clase teño algúns cartafoles que as levarán para casa mañá.

Con respecto ao caderno  AbCole nº 2 leváseno para casa. As fichas que non estean terminadas faranas coa vosa axuda en casa. Así mesmo levan o  pasaporte lector para terminar.

Grazas como sempre pola vosa colaboración 

Profe  Mary

Cartafol 2º trimestre

Boas tardes, ao longo desta semana, os/as alumnos/as de 3 anos teñen que traer o cartafol do 2º

trimestre (Pompas de xabón) cos nomes postos en todos os cadernos.

 

Un saúdo

 

Alba

CADERNO DE FICHAS E OUTROS

Ola familias! Como imos??

 

Xa superamos a volta ao cole!! O grupo está contento, ainda que a algunhas nenas e nenos, costoulles un pouquiño, xa estamos dentro da normalidade de novo!

 

De cara ao martes 26, precisamos: (É importante que se entregue o martes 26, non luns)

 

- Láminas de "ambientación, fiestas y arte", do segundo trimestre. Veñen en unha bolsiña de plástico zip. Deixovos a fotografía abaixo.

 

Por outro lado, estamos sin repostos de máscaras, polo que acompañando as láminas podedes enviar os repostos para quedar na aula. 

 

Prégovos por favor, que veña todo con nome. En ocasións hay algún caderno perdido sin nome uns días e eles non saben si o puxeron. (Deixádelle a elas/eles que o escriban!! Sería estupendo)

 

Apertas. Sara.

 

Erro na activación do caderno nº 3

Xa teño o novo código do grupo do caderno nº3

s0059GVRS

Sinto os problemas, a ver se agora xa se soluciona.

Grazas Profe Mary

Distribuir contido


by Dr. Radut