Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Secretaría
II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O día 8 de marzo realizaremos a segunda xornada de portas abertas.
O horario para poder ver o noso centro será de 16:00 a 17:00, en dúas quendas, a primeira de 16:00 a 16:30 e a segunda de 16:30 a 17:00.
Para poder asistir debedes enviar un mail ao correo ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal indicando o voso nome e a quenda.
Nova orde de avaliación
Adxuntamos a Orde do 25 de Xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación.
Aprobados por Xefatura Territorial os días non lectivos do curso 2021-2022
A día de hoxe recibimos unha notificación de Xefatura Territorial aprobando os días non lectivos deste curso, o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.
Cambio das rutas de transporte escolar a partir do 1 de decembro
As rutas de transporte escolar cambian a partires do 1 de decembro e hai moitas paradas que non están reflexadas nas novas rutas. Para solventalo, necesitamos que as familias usuarias nos envíen marcado no mapa adxunto mais abaixo as paradas onde están subindo e baixando o s seus fillos/as. Desta maneira podemos reclamalas ante a xefatura territorial. O prazo para enviar as paradas remata mañá xoves 14 de outubro ás 11:30h, polo que pregamos rapidez. Podedes envialas ao correo do centro co nome e apelidos do neno/a usuario/a: ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal
Así mesmo, como Abalar non me permite deixar o canle aberto de comunicación por favor, calquer incidencia/problema no envío das paradas escribide ao correo do centro e tentaremos solucionala o antes posible.
Moitas grazas.
Solicitudes de reserva de praza para centros adscritos - matrícula 2021/2022
Bo día,
Dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro o alumnado de 6ºEP poderá reservar praza no centro adscrito para cursar secundaria: o CPI a Xunqueira.
Para elo, deberedes cubrir o formulario online que atoparedes nesta dirección: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado , cubrir o impreso adxunto nesta noticia ou recollelo no centro e traelo cuberto ao noso centro no seguinte horario:
Luns, martes, mércores e xoves: 9:50-10:40h.
Recordade que si queredes reservar matrícula noutro centro que non sexa o adscrito (CPI a Xunqueira) todavía non se abreu o prazo.
Grazas.
