Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso escolar 2024-2025 no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar. Poden consultar tamén o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.
Nota: Recordamos que todas as solicitudes deberán ser formalizadas no período de matrícula que abrangue do 20 ao 30 de xuño.
Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2023/2024, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.