Skip to Content

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO E COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

A primeira reunión da ANPA do curso 20-21 celebrarase este martes 6 de outubro ás 16 horas no pavillón para tratar os seguintes puntos na orde do día:

● Cambio na dirección da ANPA

● Actividades extraescolares

● Lotería

● Descontos e carnés da ANPA

É obrigatorio asistir con máscara e manter a distancia de seguridade de metro e medio. As actividades extraescolares estarán confirmadas para esa data pois segue a anotarse alumnado e comezarían o xoves 8 de outubro. Este ano por mor da pandemia, a piscina tampouco oferta os cursos escolares como en ocasións anteriores e aínda se descoñece se disporemos do pavillón para patinaxe.

❏ Seguindo o Protocolo por Coronavirus, durante a realización das actividades o alumnado deberá permanecer coa máscara todo o tempo, incluidos os deportes de equipo no pavillón, pois é un lugar pechado aínda que cumpla os requisitos de ventilación e espazo de tres metros entre participantes. Xamais se compartirá o material para a realización de actividades e gardaranse as distancias esixidas por lei. O lavado de mans antes e despois das actividades, tamén será obrigatorio.

❏ A ANPA oferta estas actividades para favorecer a conciliación familiar e coa seguridade dos grupos reducidos e os espazos axeitados.

❏ As actividades pagaranse directamente aos monitores nos primeiros cinco días de cada mes. No caso de sufrir un confinamento total ou parcial que impedira ao alumn@ acudir á clase durante un tempo, non se devolverían os cartos dese mes.

En canto á lotería, esta xa está solicitada e en breve marcaremos un horario na web para distribuila a aqueles que estén interesados. Por último, os carnés dos socios da ANPA que permitirán disfrutar dos descontos no comercio de Viveiro, tamén serán entregados nas mesmas datas e horas que a lotería.



page | by Dr. Radut