Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2024/2025

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

 

  • O procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos regúlase polo Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022) e pola Orde do 21 de outubro de 2022 (DOGdo 8 de novembro). 
  • Oferta de postos escolares:

 

CURSO

Nº PRAZAS

4º Educación Infantil

20

5º Educación Infantil

6

6º Educación Infantil

5

1º Educación Primaria

1

2º Educación Primaria

3

3º Educación Primaria

1

4º Educación Primaria

9

5º Educación Primaria

0

6º Educación Primaria

0

   

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive. 
  • O impreso de solicitude (Anexo II - formulario normalizado ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado). 
  • A presentación de solicitudes poderá realizarse de dúas maneiras:

             - NA SECRETARÍA DO CENTRO: Presentar o Anexo II na Secretaría do noso centro, xunto coa documentación requerida

          - ON-LINE,  A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

  • No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados. 
  • A relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido, por cursos, publicarase o 25 de abril mediante listaxes ordenadas por puntuación. Esta listaxe provisional poderá ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.  
  • Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita praza en primeiro lugar. Nesta solicitude poñeranse os centros educativos solicitados por orde de preferencia. 
  • O horario de entrega e recollida de solicitudes será no horario de secretaría do centro:

            - Luns de 9 a 9.50

            - Martes, mércores e xoves de 12.20 a 13.10

            - Venres de 13.10 a 14

 

IMPRESO DE SOLICITUDE (Anexo II - formulario normalizado ED550B)

- Galego

- Castelán 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (pincha aquí)



book | by Dr. Radut