Skip to Content

Secretaría

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.

A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade marcadas pola crise sanitaria da COVID-19 e dentro das posibilidades de cada centro, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

 

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal non docente

 

 

Os tres últimos serán designados por sorteo e celebrarase neste Centro o próximo venres, 29 de outubro, no salón de actos ás 9:15 horas.

A función desta Xunta Electoral é organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar e fixará o CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

 

O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar.  

COMPETENCIAS

O consello escolar do CEIP de Celeiro está composto polos seguintes membros:

  1. O director/a, que será o seu presidente.
  2. O/A xefe de estudos
  3. Un/unha representante do concello.
  4. Un/unha representante do persoal non docente
  5. Cinco mestres elixidos polo claustro
  6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
  7. O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.

Cada dous anos renóvase parcialmente o consello escolar. Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata este novembro 2021, onde serán renovados 3 profesores/as, dous pais/nais e o persoal non docente.

COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR

Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento.

COMISIÓN ECONÓMICA

Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro.

COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A súa composición: Director/a, 3 profesores/as (xefe/a de estudos, orientador/a e un profesor/a-se coinciden os cargos serán 2 profesores/as), 2 pais/nais, 1 representante do persoal de administración e servizos e o representante do concello. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar.

COMISIÓN DA BIBLIOTECA

A Comisión de biblioteca terá a seguinte composición:

 - Por parte do Consello Escolar:

Un profesor/a,

Un pai/nai,

Un representante da dirección,
- O/A responsable da biblioteca escolar, quen actuará como secretario/a.

 

COMPOSICIÓN ACTUAL DO CONSELLO ESCOLAR

PRESIDENTA:     

Marta Pérez Lage

XEFA DE ESTUDOS:    

María Carmen Lázaro Quevedo

REPRESENTANTE CONCELLO:  

Jesús Fernández Fernández

REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE: 


REPRESENTANTE DA ANPA: 

Sofía González Lara

REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS:

Carolina Docampo Soto

Verónica Rodríguez González

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

Cristina Freán Lamela

Virginia Jiménez Jiménez

SECRETARIA:

Bibiana Santos Docal

 

XOGOS NOS PATIOS DE RECREO

Dende o centro e en colaboración coa ANPA do colexio, estamos a elaborar un proxecto para dinamizar os patios de recreo: 

  • A idea é pintar xogos no chan que axuden a que o tempo de lecer das mañás sexa máis divertido para o alumnado.
  • Por iso pedimos a vosa opinión e especialmente a dos vosos fillos/as para elixir as actividades que vos parezan máis entretidas.

Podedes ver algunhas propostas na seguinte presentación:

 

HORARIOS EQUIPO DIRECTIVO

Horario do Equipo Directivo para atención ás familias, previa solicitude de cita:

HORAS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9:00

A

9:50

Dirección

Secretaría

Dirección

Secretaría

Dirección

Xefatura de Estudos

Dirección Dirección

9:50

A

10:40

Dirección   Dirección    

 

         

12:20

A 13:10

        Xefatura de Estudos

13:10

A

14:00

Xefatura de Estudos   Secretaría

Xefatura de Estudos

Secretaría

COMEZAMOS O CURSO 2021-2022

Convocatoria de reunións en Infantil

Reunións das familias e titores de educación infantil para informar sobre o funcionamento e organización do curso.

  • Venres, 3 de setembro, 4º Infantil, coa titora Inés, ás 11:00 horas.
  • Luns, 6 de setembro, 5º Infantil, co titor Dani, ás 11:30.
  • Xoves, 16 de setembro, 6º Infantil, coa titora Cristina, ás 17:00 horas.

FELIZ COMEZO DE CURSO!

FONDO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros están publicadas no taboleiro de anuncios do centro. Tamén se pode consultar por teléfono.

  • As reclamación poderán realizarse ata o 8 de xullo
  • A listaxe definitiva sairá o 12 de xullo
  • A recollida de vales para material e axuda de libros poderá recollerse o martes, 13 de xullo en horario de 9:30 a 13:30
  • A entrega de libros pertencentes ao fondolibros será o luns, 6 de setembro en horario de 10:00 a 11:30.

En caso de non poder acudir o solicitante ao Centro para recoller os vales para materiais, axuda de libros ou fondo libros, este poderá delegar noutra persoa. A mesma deberá aportar a fotocopia do DNI do solicitante e un escrito onde autoriza a outra persoa.

         Achegamos un modelo de autorización

(descargar)

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Para o vindeiro curso 2021-2022 o alumnado de Infantil non utilizará libros de texto.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria estarán no programa EDIXGAL (sen libros).

Os demais cursos utilizarán os seguintes libros:

Premer na imaxe para descargar

MATRÍCULA do alumnado de novo ingreso

Está aberto o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el.

As datas serán  do 21 ao 30 de xuño,

Para solicitar a documentación e entregar a mesma realizarase previa cita chamando aos teléfonos: 982 870 951 ou  982870953.

TAMÉN SE PODEN DESCARGAR DESDE ESTE ENLACE

DOCUMENTOS a presentar:

  • Impreso de matrícua
  • Fotocopia da folla de inscrición do alumno/a no libro de familia
  • Fotocopia de documento de identificación: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario e ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade. .
  • Ficha de datos persoais e familiares con AUTORIZACIÓNS:

Ensino da relixión ou valores

Sobre a primeira lingua extranxeira

Uso da imaxe persoal

Saídas programadas dentro da PXA

  • Dúas fotografías tipo documento de identidade. Só para infantil.

BENVIDA AO IES MARÍA SARMIENTO

Distribuir contido


by Dr. Radut