Skip to Content

AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 

 
NOTA IMPORTANTE: O alumnado de 6º de Educación Primaria debe facer a solicitude no IES no que están admitidos

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024-2025

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso escolar 2024-2025 no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar. Poden consultar tamén o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.

Nota: Recordamos que todas as solicitudes deberán ser formalizadas no período de matrícula que abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2023/2024, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE

Xa está publicada a convocatoria para a solicitude das Becas para o alumnao con NEAE para o vindeiro curso 2024-25, que abranguerá do 30 de abril ao 13 de setembro

Podedes consultar toda a información pinchando aquí.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024-2025

Están publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o curso escolar 2024-2025 no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar. Poden consultar tamén o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.

Nota: Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Recordarvos que todas as solicitudes deberán ser formalizadas no período de matrícula que abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2023/2024, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2024/2025

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

 

  • O procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos regúlase polo Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022) e pola Orde do 21 de outubro de 2022 (DOGdo 8 de novembro). 
  • Oferta de postos escolares:

 

CURSO

Nº PRAZAS

4º Educación Infantil

20

5º Educación Infantil

6

6º Educación Infantil

5

1º Educación Primaria

1

2º Educación Primaria

3

3º Educación Primaria

1

4º Educación Primaria

9

5º Educación Primaria

0

6º Educación Primaria

0

   

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive. 
  • O impreso de solicitude (Anexo II - formulario normalizado ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado). 
  • A presentación de solicitudes poderá realizarse de dúas maneiras:

             - NA SECRETARÍA DO CENTRO: Presentar o Anexo II na Secretaría do noso centro, xunto coa documentación requerida

          - ON-LINE,  A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

  • No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados. 
  • A relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido, por cursos, publicarase o 25 de abril mediante listaxes ordenadas por puntuación. Esta listaxe provisional poderá ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.  
  • Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita praza en primeiro lugar. Nesta solicitude poñeranse os centros educativos solicitados por orde de preferencia. 
  • O horario de entrega e recollida de solicitudes será no horario de secretaría do centro:

            - Luns de 9 a 9.50

            - Martes, mércores e xoves de 12.20 a 13.10

            - Venres de 13.10 a 14

 

IMPRESO DE SOLICITUDE (Anexo II - formulario normalizado ED550B)

- Galego

- Castelán 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (pincha aquí)

LISTAXE DEFINITIVA DE RESERVA DE PRAZAS PARA O CENTRO ADSCRITO IES MARÍA SARMIENTO

Dende o IES María Sarmiento, centro adscrito ao que pertencemos, confírmannos que na listaxe definitiva de reserva de prazas para 1º ESO, todas as solicitudes presentadas e confirmadas foron admitidas.

A listaxe estará exposta no taboleito do IES María Sarmiento na oficina de administración 

 

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

INICIO DA FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 13 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a reserva de praza nun centro de adscrición do alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluidos); só para aquel alumnado que teña como preferencia o IES ao que estamos adscritos, neste caso, o IES María Sarmiento.

Aquel alumnado que teña como preferencia o outro IES da zona (IES Vilar Ponte) deberá esperar a que abran o prazo de matrícula.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

NORMATIVA:

Decreto 13/2022, do 13 de febreiro 

Orde do 21 de outubro de 2022

 

IMPRESOS:

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUDE: Castelán  

 

IMPORTANTE: A solicitude deberá vir firmada polos dous proxenitores e acompañada dos seguintes documentos:

- Fotocopia do libro de familia

- Sentenza de separación ou divorcio (de ser o caso)

REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut