Benvida

 Páxina web do CEIP Plurilingüe de Carnota 

Praza San Gregorio nº 20 

15293 Carnota

Teléfonos:

Secretaría: 881866796- Fax: 881866797

Dirección: 881866795- Orientación: 881866798

e-mail:ceip.carnota@edu.xunta.es         

Horario: Xornada contínua de 9:45 a 14:45

Atención a alumnado transportado: de 9:30 a 9:45 e de 14:45 á saída dos buses.

Atención ás familias: luns de 17:30 a 18:30     

Tfno de atención:

881866795

Ruta transporte -Estañeiras - Pedrafigueira

Guía de lectura

Información Calendario Escolar

OFERTA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Concello de Carnota

 

 

  Libros de texto 2020/21

O noso centro  forma parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia, na materia de Plástica (dentro de Educación Artística)

 

Este curso participamos na iniciativa ARCO, subvencionada polo Fondo Social Europeo.

 

 

  Importante: Proceso de Admisión Admitidas as solicitudes de admision sen necesidade de baremación por superar a oferta de prazas á demanda.

 



 

 INFORMACIÓN BÁSICA REGRESO ÁS AULAS - COVID

 

Clica para acceder ás novas informativas

 

 

Titoriais de axuda

 

GRUPOS (E INFANTIL E PRIMARIA)

(Clicar no nome do grupo para acceder)

4ºEI-3 ANOS  5ºEI-4 ANOS   6º-EI 5 ANOS

1º EP   2º EP    3º EP

4º EP   5º EP  6ºA EP   6ºB EP

 

CADRO DE ACCESOS DIRECTOS

 HORARIO DO EQUIPO DIRECTIVO        

Cursos Aula Virtual

        

Biblioteca                          

EDLG

Actividades  

Especialidades

Documentos do centro e formularios

Programacións didácticas

Horarios Titoriais de axuda  Procesos administrativos
Programacións Didácticas Formularios  COVID-19
 Calendario Escolar   Libros de texto 2020/21  Reparto de máscaras e solicitudes
 Trámite: solicitude CELGA    Reserva, admisión, matrícula

Os enlaces en negro aínda se están actualizando. En cor xa están operativos.

procesos administrativos: Solicitude de admisión e formalización de matrícula curso 2021/2022

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Os puntos relevantes son:

Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Do 1 ao 20 de marzo.

Poderá tramitarse por vía telemática (require chave 365 ou certificado/DNI dixital) a través do aplicativo: Admisión Alumanado

Presencialmente, entregando o formulario Anexo II, versión en galego, ou versión en castelán (clique na versión que desexe).

Unha vez entregado o Anexo II no centro, rexistraranse as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación. É moi importante que os apartados do formulario estean debidamente cumprimentados, que os datos sexan veraces e completos (prégase que se achegue copia do libro de familia ou do DNI do alumno ou alumna a matricular), e deberá vir asinada polos dous proxenitores.

Como medidas atendendo á actual situación do estado de alarma e desecalada, a atención presencial realizarase con cita previa, para a entrega do anexo e documentación

A cita previa pode facerse a través da conta de correo ou a través do teléfono, preferentemente ao 881866795.

Pregamos que se entregue a máxima documentación posible no momento de ser recibidos e que esta veña fotocopiada e co orixinal para cotexala.

Deberán extremarse as medidas hixienico-sanitarias establecidas, como son o emprego de mascarilla. 

Serán atendidos no local da conserxería a través da xanela do mesmo.

A dirección

 

 

 

A biblioteca no confinamento

No proxecto deste ano para a Biblioteca moitas ideas quedan sen poder sair adiante, outras xa se fixeron e outras readaptaranse á nova situación de peche do centro e da Biblioteca. Pero por ganas que non quede, así que, ademais do que xa se fixo, do que se irá propondo para facer na casa, recopilamos algunhas actividades de cursos pasados con enlaces desde esta páxina, en especial os Kamishibai.

Recomendacións:(clica no título)

KAMISHIBAI 2018-2019

KAMISHIBAI 2017-2018

 

 

Acoso escolar. Guía para familias

Hoxe 2 de maio conmemórase o "Día contra o acoso escolar". Ademais dos recursos que vos propuxemos ( conto, cancións e curta) queremos compartir esta guía  do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia con todas  todas as familias. 

2 de abril: Día do autismo

A pesares do confinamento, coa colaboración do noso alumnado dende as súas casas elaboramos o seguinte video para o Día Internacional do Autismo
 
 

Cuestionario accesibilidade a internet e medios tecnolóxicos

Dende a Consellería estase a pedir aos centros que recabemos información relativa ás posibilidades das familias en canto ao acceso a internet e as posibilidades de emprego de novas tecnoloxías nas casas. Entendemos que é por asegurar de certa maneira con que medios se dispón nos fogares para a máis que probable prórroga do estado de confinamento nas casas e o retraso conseguinte no retorno das actividades lectivas. Así mesmo, estas preguntas axudarán ao profesorado do centro a buscar e xestionar mellor as canles para facilitar a continuidade do traballo nas casas baixo a supervisión do docente. Por iso, detallamos deseguido algúns items ou preguntas que nos gustaría coñecer e que agradeceriamos que contestaran na mensaxe que se enviará por ABALAR en mensaxería con opción de resposta. Somentes terían que respostar na mesma orde das preguntas, e sen deixar ningunha sen resposta.

En caso de atopar dificultades, poden pedir que llelo enviemos por correo electrónico ou que nos poñamos en contacto por teléfono dende as titorías.  Agradecendo a súa colaboración, hai van as preguntas:

  1. Curso do neno:
  2. Nome
  3. Teñen acceso a internet?
  4. Tipo de acceso a internet (tarifa ilimitada, tarifa tipo 4G, só cos datos do móbil)
  5. En caso de ter internet, considera factible manter comunicación por videochamada.videoconferencia? (teña en conta a limitación de datos e cobertura)
  6. De que dispositvios dispón na casa (ordenadores, tablet, móbil,  especifique si máis de un ordenador ou si este é compartido)
  7. Dispón de impresora?
  8. Considerase con destreza suficiente para axudar coas tarefas online?

 

 

CUALIFICACIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE 2020

Ao longo do día de mañá mércores poderán consultar en ABALAR MÓBIL as cualificacións do segundo trimestre. Neste trimestre, segundo as instruccións recibidas da Consellería e das que xa informamos, tense en conta para as cualificacións o traballado mentres durou o periodo lectivo. 

Informamos que na maioría das titorías non se cargaron as faltas dado que eses datos estaban no centro. 

Lembramos que si se dispón de Chave 365 ou certificado dixital se pode acceder ao ESPAZO ABALAR, onde tamén se poden ver as cualificacións.

Por razóns obvias, non se enviará o Boletín de cualificacións aos domicilios. Se algunha familia non pode acceder ás cualificacións pode porse en contacto coa titora ou ben enviar un email ao enderezo do centro: ceip.carnota@edu.xunta.es. De non ter esta posibilidade poden intentar coa titora se teñen o seu número ou ben co director no 881866795 de 9:45 a 14 horas ou das 16:30 ás 18 horas, e tentarase buscar un xeito de facerlles chegar a información relativa ás cualificacións.

 

Ánimo 

Un saúdo.

 

Novidades no desprazamento de vehículos polas estradas

En espera de que se publique algo máis concreto, convén que coñezamos as novas restriccións á circulación de vehículos polas estradas. (Clica para acceder ao BOE)

Non sabemos aínda como nos afecta aos centros, pero cremos que o máis prudente é evitar saires á estrada co coche. 

Somos conscientes de que non está a ser doado, pero dende Educación ( Clica para ler a noticia ) as normas sobre a segunda avaliación son que as cualificacións se publiquen como moi tarde o 3 de abril, tendo en conta só o avaliado ata antes de comezar o estado de alarma e conseguinte suspensión das actividades lectivas. Faremos públicas as mesmas a través de ABALAR e aquelas familias que non dispoñan da aplicación poden chamar por teléfono ou mandar un email para tentar buscar unha canle coa que facerlles chegar as cualificacións tentando garantir sempre a debida confidencialidade dos datos.

De cara ao terceiro trimestre, queda establecido que os centros teremos que organizar e reprogramar a materia a dar e avaliar tendo en conta o momento de retomar as actividades lectivas e a data de remate das mesmas que non varía con respecto do fixado a comezos de curso no calendario escolar.

Con todo o exposto, cremos que non é moi aconsellable organizar recollida de libros e material no centro, en especial naqueles casos que teñan posibilidade de acceso a internet e ordenador na casa. 

En todo caso, o consello ás familias e que fomenten unha rutina nesta semana que quedaría como lectiva, que implique lectura comprensiva (ben en libros que teñan na casa ou a través das propostas que atoparán nos blogues do profesorado e nesta mesma páxina (clica para visitar a páxina dos blogues e enlaces),  actividade manipulativa (debuxar, recortar, ...) e algo de movemento. En todo caso, evitemos estresalos e tamén estresarnos a uns mesmos.

Reiteramos que o 881866795 está desviado ao móbil do director e que o email ceip.carnota@edu.xunta.es están á súa disposición. Ademais, a maioría das titoras xa teñen establecido canles de contacto. 

A dirección

 

 

Contidos para o confinamento: páxina web e blogues do profesorado

Imos poñer link aos distintos blogues que está a crear o profesorado para organizar o traballo durante estes días de confinamento. Tamén iremos tentando actualizar a información.

Clicade no título.

4º EInfantil  5º-6º E Infantil   
1ºEP (novo)  2º EP (NOVO) 3º EP
4º EP 5ºA EP 5ºB EP
6º EP E Artística E. Física     
Orientación Inglés

 Relixión C

(novas actividades)

Taller Creativo 6º

   

 Para acceder a contidos na páxina web do cole, empregar os menús laterais, ben na esquerda en departamentos (especialidades) ou na dereita en actividades onde tedes a relación dos cursos (traballo por titorías). Pode darse o caso de que haxa traballo en blogue e na páxina.

 Titorial: como compartir videos e outros documentos "pesados" por Drive

 

Día do libro: Coronavideos, Amar en tempos de coronavirus, Orella Pendella , Video "Día do Libro"

       Canción para as Letras Galegas Novo

Biblioteca: revista O Papagaio, maio 2020 

Biblioteca: revista O Papagaio de abril

Recomendacións do Departamento de Orientación

Recomendacións para seguir coa rutina

Actividades para 6º EP

Actividades para 5º A EP

Actividades para 4º EP

Actividades para 3º EP

Actividades para 2º EP

Actividades para 1º EP

Actividades Inglés

Actividades Educación Física (Novas)

Actividades de Música

E Infantil 5º-6º

Actividades para 4º de EI

Proposta de contos para EI

Proposta para moverse. Fai Aerobic

 

 

Link:ABALAR MÓBIL nos pide contrasinal, que fago...

 

 

 

SEGUIMOS MOVÉNDONOS!

Propoñemos unha sesión completa para seguir movéndonos, iso si, sempre dende a casa.

 

ROSA CONTRA EL VIRUS.

 

 

Queremos recomendar este contiño que publicaron dende o Colexio de Psicoloxía de Madrid. É moi sinxelo e trae propostas de actividades chulas para facer en familia, e algunhas recomendacións para as nais e pais. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Moito ánimo!

https://marketing.editorialsentir.com/contenidosadicionales/Cuento_Rosa_contra_el_virus.pdf

 

 

 

 

 

 

Blogues do profesorado

Imos poñer link aos distintos blogues que está a crear o profesorado para organizar o traballo durante estes días de confinamentoP. Tamén iremos tentando actualizar a información, e pregamos, que na medida do posible, se instale Abalar Móbil por parte das familias.

Clicade no título.

4º EInfantil  5º-6º E Infantil   
1ºEP  2º EP (NOVO) 3º EP
4º EP 5ºA EP 5ºB EP
6º EP E Artística E. Física     
Orientación Inglés  Relixión C

 Para acceder a contidos na páxina web do cole, empregar os menús laterais, ben na esquerda en departamentos (especialidades) ou na dereita en actividades onde tedes a relación dos cursos (traballo por titorías). Pode darse o caso de que haxa traballo en blogue e na páxina.

 

Recomendacións do Departamento de Orientación

Recomendacións para seguir coa rutina

Actividades para 6º EP

Actividades para 5º B EP

Actividades para 4º EP

Actividades para 3º EP

Actividades para 2º EP

Actividades para 1º EP

Actividades Inglés

Actividades Educación Física

Actividades de Música

E Infantil 5º-6º

Actividades para 4º de EI

Proposta de contos para EI

Proposta para moverse. Fai Aerobic

 

 

Link:ABALAR MÓBIL nos pide contrasinal, que fago...

 

 

 

Tan diferentes como iguais. 21 de Marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.

O claustro do CEIP Plurilíngüe de Carnota quere sumarse á campaña de Down Galicia:

 

Tendo en conta a situación que nos toca vivir non queremos pasar por alto esta data sen alzar a voz para reclamar unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural.

Por iso #EUQUEDONACASA e visibilizamos o 21M poñéndonos #CalcetínsDispares.

 

Powered by Drupal - Design by artinet