Skip to Content

Aprendemos sobre a RCP

O venres 31 de maio o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria sobre a Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).

Vimos un video sobre unha canción que todos deberiamos coñecer:

 

Tamén nos explicaron como actuar dende o principio (comprobar se responde, se respira) como colocalo, buscar axuda e ao final como realizar a RCP con dous bonecos.

Ademais falamos dos atragantamentos e como axudar.

Pero tamén temos que dicir que nos dixeron o que non se debe facer.

Unha boa experiencia que dende o centro intentaremos que sexa parte das actividades nos cursos vindeiros.

O noso agradecemento a persoa que impartiu o taller de RCP, membro da ANPA e colaboradora habitual no centro.

 

KAMISHIBAI 2018-2019

Outro ano máis volvimos a pasar un "Mes de Fábula". Aquí deixamos unha mostra dos Kamishibai de 4º, 5º, e 6º de Primaria.

KAMISHIBAI 4º A KAMISHIBAI 5º KAMISHIBAI 6º

Día Mundial da Síndrome de Down

O pasado 21 de abril conmemoramos no noso centro o Día Mundial da Síndrome de Down. A continuación achegámosvos un vídeo resumo das actividades que levamos a cabo: 

 

Día Mundial do Autismo

O pasado 2 de abril conmemoramos no noso centro o Día Mundial do Autismo. A continuación deixámosvos un vídeo das actividades realizadas ese día e tamén un conto e uns dípticos elaborados polo alumnado de 6º: 

 

 Para ver os dípticos podedes pinchar nos seguintes enlaces:

 

Asma e Educación Física

ACTIVIDADE FÍSICA EN NENOS E NENAS CON ASMA

Hoxe en día son moi frecuentes os casos de asma en nenos e nenas, polo que no momento de practicar actividade física débese ter en conta.

 

Sen embargo, dar por sentado que cando se ten asma non se pode facer exercicio físico, non é de todo certo. Esta doenza debe estar controlada, co tratamento axeitado, e debe ser notificada ao profesorado de Educación Física, quen deberá ser coñecedor da situación e telo en conta no momento de planificar as actividades.

 

O exercicio físico habitual e controlado nestes casos vai traer consigo moitos beneficios, entre eles o fortalecemento da musculatura torácica e o aumento da capacidade pulmonar, co conseguinte incremento da tolerancia ao deporte.

 

Tamén temos que ter en conta que co exercicio supervisado os alumnos e alumnas terán a posibilidade de aprender a recoñecer mellor os primeiros síntomas de unha crise, favorecendo o seu autocontrol e mellorando a súa autoestima.

 

Deste xeito, nas sesións de EF, o profesorado terá en conta sempre que alumnado padece esta doenza, traballando máis que os exercicios en si, o control do seu propio esforzo e cómo actuar ante os primeiros síntomas.

 

É convinte unha boa comunicación familia-profesorado para poder ter en conta cando non é aconsellable realizar esforzos (estado de saúde, climatoloxía, sobrecarga de actividade…).

 

Cabe salientar a importancia de manter unha dieta equilibrada e evitar o sobrepeso, xa que o control do peso pode axudar a mellorar o control do asma, obxetivándose ca diminución de peso unha melloría da función pulmonar, da calidade de vida e unha menor necesidade de fármacos para o control da enfermidade.

 

As recomendacións da Sociedade Española de Inmunoloxía Clínica, Alergoloxía e Asma Pediátrica (SEICAP) e a Sociedade de Española de Neumoloxía fan fincapé nos beneficios da actividade física regular pero coñecendo e respectando as propias limitacións de cada un. Resaltan a importancia dun bó control dos doentes con asma que deberán levar consigo o tratamento prescrito para poder empregalo no caso dunha crise. Poderán parar sempre que o precisen e é importante o quecemento suave e progresivo. Deberá respirar polo nariz e nos días de frío pode empregar un pano ou prenda que lle permita tapar a boca e o nariz. Debe evitar realizar actividade física con resfriados ou cando amose dificultade para respirar.

 

Recomendamos de seguido algunhas páxinas con información sobre esta doenza:

¿Pueden hacer deporte las personas que tienen asma?

Cuáles son los mejores deportes para las personas con asma

7 claves de la práctica del deporte en niños con asma

Agradecemos á colaboración ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Carnota.

VISITA DE ADISBISMUR

Hoxe contamos no centro cunha agradable visita por parte da asociación ADISBISMUR (Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros) que nos trouxo tres marabillosas obras de teatro para representar.

Para o alumnado de Educación Infantil e os primeiros cursos de Educación Primaria (1º, 2º e 3º) as obras que representaron foron dúas: "A ratiña presumida" e "Orellas de bolboreta". Para os restantes cursos de Educación Primaria (4º, 5º e 6º), representaron outra obra diferente titulada: "Que apostamos?".

Sen lugar a dúbidas resultou ser unha experiencia moi positiva e enriquecedora para o centro. Por iso, dende o CEIP de Carnota queremos felicitar a esta asociación polo gran traballo realizado, así como tamén agradecerlle a súa colaboración con nós.

Agora en Facebook

Primeiro creamos a nosa web coa intención de informar, facilitar o acceso a documentos do centro, e tras moitos anos de web, demos un paso adiante para a comunicación coas familias coa posta en marcha para o noso centro do Espazo Abalar, ferramenta dos servizos da Consellería que garante a protección dos nosos datos.

Outros centros empregan sistemas de mensaxería, whassapp, etc. que supoñen a cesión de datos a terceiros para funcionar e ademais cremos que poden resultar perigosos se non se extreman as precaucións no seu uso.

Pero, durante este curso, coa posta en funcionamento de ABALAR MÓBIL a través de Espazo Abalar, decatámonos de que non é suficiente xa que moitos mensaxes non son lidas, e tampouco temos constancia de que a nosa web sexa consultada habitualmente (a mensaxe enviada sobre a suspensión da actividade de Ler na Rúa foi lida somentes por 64 de de 168 usuarios de ABALAR MÓBIL)

Por iso demos un paso adiante, e a pesares de que Facebook supón un risco pola cesión de datos, animámonos a crear unha páxina onde ir pondo información de novidades na nosa páxina, onde difundir aquelas novidades que non requiran dun especial coidado na protección de datos, pero que poida chegar a parte da comunidade educativa que fai uso habitual desta rede social.

Así contamos con outro medio de difusión que esperamos que poida chegar a gran parte da comunidade educativa.

Aproveitaremos tamén para difundir información sobre aspectos xerais de educación ou que poidan ser de interese aínda non estando enfocadas á educación.

Non esperedes imaxes nin videos dos actos do centro, a menos que neles  se identifique ao alumnado, pois unha das nosas prioridades é a protección da imaxe do noso alumnado.

Non pretendemos que sexa un punto de debate tampouco, pois o centro dispón de canles para elo, como son o seo do Consello Escolar cos representantes dos pais e nais, as titorías e mesmo as horas de disposición do Equipo Directivo.

Sabemos que non chegaremos a todos e todas, pero esperamos que pouco a pouco entre esta páxina de Facebook, a web do centro e Abalar Móbil todos e todas esteades debidamente informados.

 

Buscádenos como páxina CEIP de Carnota

Novidades ABALAR MÓBIL

A partires de agora será posible empregar ABALAR MÓBIL para comunicarse co/ca titor/a do alumnado ao seu cargo.

Achegamos o manual, que pode descargar clicando aquí.

Será preciso ter a app actualizada.

Esperamos que sexa de utilidade.

AVISO - PROCESO DE RESERVA CURSO 2021-2022

 

 

PROCESO DE RESERVA PARA O IES – CURSO 2021-2022

 

 

 

Informamos que o prazo de Formalización de reserva para alumnos que pasan ao centro adscrito (alumnado de 6º que pasa ao centro adscrito, IES Lamas de Castelo) deberá facelo entre o 11 de xaneiro e  o 8 de febreiro do 2021 segundo o modelo ED550A en galego ou castelán, dispoñible na web do centro ou tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación <<admisionalumnado>> (https:/www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e entregalo no CEIP de Carnota.

O alumnado xa matriculado no centro e que vaia continuar para o vindeiro curso non necesita facer este trámite.

Tampouco o deberán realizar os que pretendan matricularse para o centro vindeiro xa que non temos centros adscritos. Neste caso deberán esperar ao comezo do prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN que será do 1 ao 20 de marzo.

O anexo de reserva e a lexislación está dispoñible como ficheiro adxunto.

 

 

 Na conserxería haberá tamén o anexo impreso e unha copia do resumo da lexislación aplicable.

 

 

Guía de apoio ao estudo

Guía de apoio ao estudo

Achegamos como anexo a Guía de apoio ao estudo da Fundación INDAGA, pensada para o alumnado con TDAH, aínda que é moi útil para calqueira alumno, en especial aos que lles costa porse a estudiar e/ou son moi inquietos. Moitos dos recursos son de utilidade para as familias.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

Guía de apoio ao estudo

O Departamento de Orientación

Renovación do Consello Escolar 2018

CONVOCATORIA VOTACIÓNS

A xunta electoral informa que o vindeiro luns 26 de novembro estará aberta a mesa electoral para as votacións de 9:30 a 10:30 e de 16:30 a 18:30

Preséntanse dúas candidaturas para dous postos a renovar no seo do Consello Escolar. Os/as interesados/as en votar deberán facelo marcando somentes unha das candidaturas na papeleta que se facilitará na mesma mesa electoral, debendo acreditar a identidade a través do DNI ou documento de identificación válido.

 

 

 

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

 

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos(DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

 

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

 

 

- O Director ou directora do Centro.

 

- Un profesor ou profesora.

 

- Un pai ou nai ou titor legal.

 

- Un representante do persoal de administración e servizos

 

 

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro, luns, ás 17.30 horas.

 

 

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

 

 

Carnota, 26 de outubro de 2018.

 

O/A DIRECTOR/A DO CENTRO,

 

 

 Manuel Rico Grijó

CALENDARIO ELECTORAL

 

 

 Na reunión da Xunta electoral establécese o seguinte calendario:

  • Día 05 de novembro:

 

- Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e, se ser o caso, persoal de administración e servizos.

 

- Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados. É importante verificar que os datos son correctos. O censo estará exposto no taboleiro situado no corredor do centro entre os despachos e a sala de mestres.

 

- Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

 

 Do 05 ao 12 de novembro:

 

 

Día 13 de novembro: (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral):

 

- Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

 

- Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

 

- Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.

 

- Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

 

 Día 26 de novembro: Celebración das votacións de:

 

- Persoal de administración e servizos, de ser o caso, de 12'00 a 12'30 horas.

 

- Profesorado de 11:45 a 12,30 horas.

 

- Pais, nais e titores legais do alumnado, de 9:30h a 10:30h e de 16:30 a 18:30 horas

 

 

Día 27 de novembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral):

 

- Proclamación de candidatos electos.

 

- Traslado á Xefa Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas.

 

 

 Día 05 de novembro:

 

- Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e, se ser o caso, persoal de administración e servizos.

 

- Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.

 

- Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

 

 

 Do 05 ao 12 de novembro:

 

  • Prazo de presentación de candidaturas.

  • Claustro informativo

 

 

 Día 13 de novembro: (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral)

 

- Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

 

- Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

 

- Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.

 

- Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

 

 

 Día 26 de novembro: Celebración das votacións de:

 

- Persoal de administración e servizos, de ser o caso, de 12'00 a 12'30 horas.

 

- Profesorado de 11:45 a 12,30 horas.

 

- Pais, nais e titores legais do alumnado, de 9:00h a 10:00h, de 13.00h a 14.00h e de 16:00 a 18'00 horas

 

 

Día 27 de novembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral):

 

- Proclamación de candidatos electos.

 

- Traslado á Xefa Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas.

 

 

 

Samaín 2018

 

 

 

O vindeiro mércores 31 de outubro festexaremos no centro o Samaín-Halloween e o Magosto. Coma tódolos anos, queremos contar coa súa colaboración para decorar o colexio con cabazas terroríficas. No presente curso estamos a traballar as emocións, polo que as CABAZAS terán que facer referencia a algunha emoción (medo, alegría, tristeza, rabia, calma ou amor).

 

As cabazas pódense traer a partires do luns 29 para evitar o seu deterioro.

NOTA SOBRE MATERIAL NECESARIO

 

Comezamos con forzas un curso máis!

Un curso máis xa estamos de volta! Este ano o CEIP de Carnota comeza en positivo e cun novo proxecto que xirará en torno ao tema das emocións. Por iso, titulámolo C+ (Carnota en positivo).

 A nosa mascota, Leocadia, este ano está emocionada e así recibe ao noso alumnado invintándoo a emocionarse con ela.

Como podedes ver nas imaxes que aparecerán a continuación, durante estas semanas xa lle estivemos dando vida aos corredores en relación coa temática do noso novo proxecto.

Para cubrir os murais inspirámonos no conto 'O monstro das cores' e todo o alumnado xa pasou a deixar as súas mensaxes en cada un deles.

Seguindo o conto, no amarelo cóntannos cando senten alegría; no azul cando senten tristeza; no verde cando senten calma; no negro cando senten enfando; e, por último, no vermello cando senten rabia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o bonito que nos quedou!

Abalar Móbil

 

 

Estimadas familias.

 

Coa fin de mellorar as canles de comunicación entre o centro e as familias, e tendo en conta o emprego de sistemas ou plataformas que garantan a necesaria protección de datos, queremos proporlles o emprego

da aplicación Abalar Móbil, que pertence á Consellería e nos garante a debida protección de datos. Con ela, ademais de recibir notificacións poderán consultar as cualificacións dos seus fillos/as matriculados nos

centros educativos de titularidade pública así como as faltas.

 

 

Esta app está dispoñible para Android e IOS, e para que funcione correctamente deberán facer constar no centro o número de teléfono co que se vai empregar, pois somentes si consta no expediente electrónico a

app funcionará correctamente. Rogamos que nos notifiquen os cambios de número de teléfono.

 

 

Outra canle que nos gustaría empregar é a comunicación por e-mail, polo que si o consideran interesante rogamos que nos fagan chegar unha conta de correo que habitualmente empreguen.

 

Clica neste link para ver o manual para as familias do portal da Consellería- Abalar Móbil

 

Calendario escolar 2018-2019

 

ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o

 

curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade

 

Autónoma de Galicia.

 

 

 

Actividades lectivas

 

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de
2019, ambos inclusive.

 

Períodos de vacacións

 

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

 

2. Entroido: días 4,5 e 6 de marzo de 2019.

 

3. Semana Santa: desde o día 13  ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

 

 

 

Días non lectivos

 

1. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das

 

competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada

 

polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais

 

ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación

 

xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

 

 

 

Datas propostas para ser solicitadas polo CEIP de Carnota: 2 de novembro de 2018 e 20 de maio de 2019

 

 

 

3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 e co fin de unificar

 

a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración

 

de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2017/18 se celebrará o

 

7 de decembro de 2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut