CALENDARIO ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022/23
RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos
A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:
- Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e, se ser o caso, persoal de administración e servizos.
- Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
- Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.
- Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
- Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
- Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
- Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.
-
Día 21 de novembro:
-
Día 23 de novembro: Comezo das distintas campañas electorais. Circular anunciando as candidaturas de pais e nais. Convocatoria de Claustro extraordinario.
-
Día 24 de novembro: Envío de circular recordando as datas das votacións por sectores. Convocatoria da última reunión da Xunta Electoral.
-
Día 28 de novembro: Celebración das votacións de:
- Persoal de administración e servizos, de ser o caso, de 12'00 a 12'30 horas.
- Profesorado en claustro extraordinario (16:15 h)
- Pais, nais e titores legais do alumnado, de 16:30 a 19'00 horas
• Día 30 de novembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral):
- Proclamación de candidatos electos.
- Traslado á Xefa Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións efectuadas.
- Envío de convocatoria do Consello Escolar
• Día 12 de decembro: Celebración de reunión do novo Consello Escolar.
• Día 14 de decembro: Envío a Xefatura Territorial do fomulario ANEXO II da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
O presidente da xunta electoral
Manuel Rico Grijó
MODELO PRESENTACIÓN CANDIDATURA SERCTOR NAIS/PAIS