Skip to Content

VOCABULARIO DO MAR - EDLG

Boas!

Deixamos a continuación todas as palabras mariñeiras que se recolleron durante esta primeira avaliación.

Tedes para practicar un cuestionario na anterior entrada do blog.

Esperamos que vos serva de axuda.

Ligazón: https://docs.google.com/presentation/d/1wLUrvszac7oQkOXfvQmidoA1fubQb6CZONrZ0T-ZQcU/edit?usp=sharing

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

PALABRAS MARIÑEIRAS - KAHOOT

Boas!

Este ano comezamos a traballar con palabras relacionadas co mar. Para afianzar ese vocabulario pensamos que podedes practicar cun xogo, por iso vos deixamos este cuestionario interactivo.

Hai dous un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria.

Quedan a continuación as ligazóns para poder acceder.

Ligazón Educación Infantil: https://create.kahoot.it/share/e-i-palabras-marineiras/5f092355-8e9b-44c8-a775-842f29c646a9

Ligazón Educación Primaria: https://create.kahoot.it/share/e-p-palabras-marineiras/aaa4bbf2-a8a6-4417-ba29-057c0168f7fc

A finalidade desta actividade será cubrir un cuestionario final que vos entregaremos antes das vacación de Nadal.

 

Se queres aprender máis sobre o mar con este xogo podes practicar!

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

 

LIBRO GAÑADORES - V CONCURSO SAMAÍN - CEIP CARNOTA

Boas!

Deixámosvos a continuación o aviso de que xa podedes ver e ler, na biblioteca do centro, os microcontos e debuxos gañadores da V Edición do Concurso de Samaín.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

Play aRi[t]mar

 

Boas!

Deixámosvos a continuación Play aRi[t]mar, unha aplicación web presentada pola EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). A aplicación reúne músicas e poemas galegos e portugueses que foron galardoados ou finalistas nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario.

Ligazón: https://play.aritmar.gal/

Animámosvos a visitala!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

 

CEIP de Carnota

 

PALABRA DO ANO - REAL ACADEMIA GALEGA

Ligazón para poder elixir a palabra: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

Ola!

A continuación déixovos a razón pola que a Real Academia Galega, decidiu promover esta idea coa que podemos participar todos e todas. 

"Por que promovemos esta idea? A lingua é o espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e nos preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen, por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos.

Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirnos como o vivimos. No bo ou no malo. E o mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agredecer e bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra."

Aniamámosvos a participar. Tede en conta que este ano o Proxecto do Centro é O Mar, a palabra podería estar relacionado co tema.

V CONCURSO DE SAMAÍN - CEIP CARNOTA - EDLG

Ligazón para ver os/as gañadores/as e as imaxes: https://docs.google.com/presentation/d/1nNPEcb88jQ2obDirVJZmDN1Gg78_NfG4Z5fSNrPLhRw/edit?usp=share_link

Pautas para previr condutas agresivas

Moitas veces observamos nos nenos e nenas condutas con máis o menos resposta agresiva. O control das emocións é algo que se vai aprendendo coa idade, pero é importante ensinar aos nenos e nenas pautas para xestionar as emocións e evitar as reaccións agresivas.

Desde o Departamento de Orientación creamos un pequeno manual para orientanos sobre como recoñecer e actuar ante este tipo de condutas que cremos pode ser de utilidade para as familias.

Podedes descargalo clicando neste texto

Uso da máscara en interiores

Información: Uso da máscara en espazos interiores.

O 20 de abril de 2022 publicouse no BOE a Disposición 6449 (clicar para acceder)   pola que se elimina a obriga de emprego da máscara na maioría de espazos pechados, que afecta aos centros educataivos.

O xoves 21 de abril, a Xunta publica o documento: DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (clicar para acceder)  

Da lectura de ditos documentos, e en espera de que poidan publicarse ou facerse aclaracións aos centros, compre sinalar que, si ben as máscaras deixan de ser de uso obrigatorio nos centros educativos, é dicir, non poderá esixirse o emprego das mesmas, segue sendo recomendable o emprego das mesmas e esixible nos casos de persoal ou alumnado con COVID.

Segue sendo obrigatoria no transporte escolar para os maiores de 6 anos e recomendable para os menores (agás as excepcións que xa se contemplaban antes).

Compre sinalar, que, tal e como se sinala no documento da Xunta, o resto de medidas seguen vixentes, medidas recollidas nos protocolos de adaptación á situación COVID dos centros, é dicir, segue vixente o mantemento da distancia social, evitar  aglomeracións, mestura de grupos, etc., dado que ao respecto aínda non se trasladou instrucción sobre a modificación ou suspención de dito protocolo.

Somos conscientes que non é moi coherente retirar a obriga do emprego da máscara en interiores e exteriores, mantendo a maior parte do protocolo vixente, e esperamos que se nos trasladen instruccións ao respecto o antes posible, dado que entendemos que se está a prexudicar as relacións interpersoais.

Mentres tanto, vémonos na obriga de tentar que se siga a cumprir o protocolo agás no do uso da máscara. 

Así mesmo, mantemos a recomendación do uso voluntario da máscara, especialmente en espacios pechados, dado que a ventilación dos espazos cubertos do centro non é a ideal, é unha boa medida de protección e permite ser máis permisivos no cumprimento do mantemento da distancia social entre o alumnado entre sí, co profesorado e resto de persoal do centro, aspecto que favorece as relacións interpersoais.

Intentemos entre todos que o noso centro siga sendo un lugar seguro para todos e todas.

Modificacións criterios de Promoción en Educación Primaria-Novidade 2022

Atendendo á Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, foi modificado o Proxecto Educativo do Centro, nos aspectos regulados en dita orde.

Deste xeito, somentes se contempla a non promoción ao remate dun dos tres ciclos de Educación Primaria establecidos na LOMLOE. Dada a súa entrada en vigor xa no presente curso, a decisión de non promoción (repetición de curso) somentes se tomará unha vez en toda a Primaria, e esta decisión tomarase ao remate do 1º, 2º ou 3º ciclo, atendendo aos criterios fixados no PEC e a valoración do equipo de avaliación, atendendo sempre a tomar dita medida no momento no que sexa máis idóneo para o/a alumno/a en cuestión.

Pódese acceder ao PEC completo clicando aquí. Os puntos relevantes (apartado 5) están resaltados para a súa mellor localización.

 

Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional das Persoas con discapacidade

No Mundial das Persoas con Discapacidade, sumámonos, con preto de 90 entidades sociais de toda Galicia, cos nosos paraugas, á acción simbólica convocada para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

 

#BaixoOMesmoParaugas#ParaugasPolaDiscapacidade

Programación de actividades en torno ao 25N, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller

Como cada curso en torno ao 25 de Novembro, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller, o centro levará a cabo en tódolos niveis educativos actuacións de prevención e sensibilización en torno a esta temática. Deixámosvos un pequeno resumen da programación para o curso 21-22:

Educación infantil:

- Rompendo estereotipos. Actividades de reflexión e ruptura dos roles e estereotipos de xénero vixentes, empregando como núcleo temático o conto Iriña Bailarina. O colofón porao a representación para todo o alumnado da etapa da versión teatralizada da historia de Iriña por parte de Teatro Ghazafelhos. Unha experiencia única, cun elenco teatral de excepción, que chega da man da Federación Provicinal de Anpas, co inestimable apoio económico e de xestión da ANPA do colexio.

 

Portada Iriña Bailarina Ghazafelhos

Educación primaria:

- Talleres pola igualdade. Talleres de deconstrución de roles de xénero e modelos de relación tradicionais e de promoción de de novos roles de identidade e modelos de relación igualitarios. Os talleres son deseñados e impartidos a través dunha colaboración entre o Departamento de Orientación e a entidade Aquelar Psicoloxía e Educación, promovidos e financiados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.

- Slogans pola igualdade. Durante a realización dos talleres, iranse recollendo aportacións do alumnado que conviden á reflexión con perspectiva de xénero. Co financiamento do concello, imprimiranse en vinilos e colocaranse no frontal dos chanzos das escaleiras de acceso ás aulas e no rodapé da rampa de acceso á biblioteca.

- Scape Room para traballar en igualdade de xeito cooperativo. As aulas do 2º e 3º ciclo participarán nun Scape Room de prevención da violencia de xénero, organizado polo Departamento de Orientación a partir dos materiais fornecidos pola campaña De Fronte da Deputación, á que o centro está adherido.

Logo De Fronte

Intervencións de centro:

- Canción contra a violencia de xénero, composta e ensaiada dende a área de Educación Musical a partir do lema oficial do 25N.

- Exposición temática da biblioteca no corredor do centro.

- Reparto de materiais de sensibilización da campaña De Fronte da Deputación entre o alumnado.

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS Nº16 - CURSO 2020/2021

Un ano máis, a revista as liñeiras fai un repaso do curso. Agardamos que vos guste.

(Pica na imaxe para vela)

Concurso Borrajanchos 2020/21

Outro curso máis celebramos o Concurso de Borrajanchos. Neste vídeo podedes ver os gañadores desta edición

Distribuir contido


by Dr. Radut