Skip to Content

Uso da máscara en interiores

Información: Uso da máscara en espazos interiores.

O 20 de abril de 2022 publicouse no BOE a Disposición 6449 (clicar para acceder)   pola que se elimina a obriga de emprego da máscara na maioría de espazos pechados, que afecta aos centros educataivos.

O xoves 21 de abril, a Xunta publica o documento: DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (clicar para acceder)  

Da lectura de ditos documentos, e en espera de que poidan publicarse ou facerse aclaracións aos centros, compre sinalar que, si ben as máscaras deixan de ser de uso obrigatorio nos centros educativos, é dicir, non poderá esixirse o emprego das mesmas, segue sendo recomendable o emprego das mesmas e esixible nos casos de persoal ou alumnado con COVID.

Segue sendo obrigatoria no transporte escolar para os maiores de 6 anos e recomendable para os menores (agás as excepcións que xa se contemplaban antes).

Compre sinalar, que, tal e como se sinala no documento da Xunta, o resto de medidas seguen vixentes, medidas recollidas nos protocolos de adaptación á situación COVID dos centros, é dicir, segue vixente o mantemento da distancia social, evitar  aglomeracións, mestura de grupos, etc., dado que ao respecto aínda non se trasladou instrucción sobre a modificación ou suspención de dito protocolo.

Somos conscientes que non é moi coherente retirar a obriga do emprego da máscara en interiores e exteriores, mantendo a maior parte do protocolo vixente, e esperamos que se nos trasladen instruccións ao respecto o antes posible, dado que entendemos que se está a prexudicar as relacións interpersoais.

Mentres tanto, vémonos na obriga de tentar que se siga a cumprir o protocolo agás no do uso da máscara. 

Así mesmo, mantemos a recomendación do uso voluntario da máscara, especialmente en espacios pechados, dado que a ventilación dos espazos cubertos do centro non é a ideal, é unha boa medida de protección e permite ser máis permisivos no cumprimento do mantemento da distancia social entre o alumnado entre sí, co profesorado e resto de persoal do centro, aspecto que favorece as relacións interpersoais.

Intentemos entre todos que o noso centro siga sendo un lugar seguro para todos e todas.

AdxuntoTamaño
directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf85.42 KB
BOE-A-2022-6449.pdf211.63 KB


page | by Dr. Radut