Skip to Content

Biblioteca

Solución do enigma 11

Bos días nenos e nenas!

Que tal vos foi este último enigma? Seguro que coa práctica de buscar información, encontrástedes a solución rapidísimo... Se de todas formas, non fóstedes capaces non vos preocupedes, Leocadia mándavos a resposta correcta no seguinte enlace:

 

Solución do enigma 11

 

Un biquiño moi forte para todos e todas de Leocadia, a vosa mascota favorita!

Solución do enigma 10

Bos días nenos e nenas!

Que vos pareceu o enigma 10? Sabíades que monumento era? E afondástedes un pouquiño nel para coñecer que función tiña? Seguro que si, e que agora aprendéstedes un montón sobre outros monumentos romanos... Se non é así, non vos preocupedes, clicade abaixo e aprenderedes un montón...

 

Solución do enigma 10

 

Un saudiño de Leocadia!

Solución do enigma 9

Ola nenos, nenas e familias!

Que tal vos foi este noveno enigma? Resultouvos fácil? Seguro que si... Coñeciades este señor mitolóxico? É un ser protector de rebaños...

Queredes saber máis del? Clicade neste enlace e aprenderedes un montón.

 

Solución do enigma 9

 

Un saudiño da vosa mascota favorita,

 

LEOCADIA

Solución do enigma 8

Ola nenos, nenas e familias!

Que tal este últiimo enigma? Entrouvos fame con el? A Leocadia un montón... tanto que ata se decidiu ela a facer tamén un sorropotún, sabedes que leva? Se non é así, mirade a solución e rápido o adiviñaredes...

 

Solución do enigma 8

 

Un saudiño da vosa mascota favorita!

 

 

ENIGMA 8 (do 4 ao 18 de abril)

07/04/2024
Europe/Madrid

Solución do enigma 7

Ola nenos, nenas e familias! 

 

Que tal de vacacións de Semana Santa? Xa cargástedes moito as pilas? Leocadia un montón e xa realizou tamén a solución do enigma 7, resultouvos doado? Segurísimo que si!! Se de todas non fóstedes capaces ou queredes realizar unha visita por esta comunidade, clicade no enlace de abaixo, e descubriredes un montón de información.

 

Solución do enigma 7

 

Unha aperta da vosa mascota favorita, Leocadia!

 

SOLUCIÓN ENIGMA 6

Bo día familias!

Pareceuvos doado o enigma 6? A festividade das fallas de Valencia gústannos a todos verdade?

Vouvos contar un segredo, a Leocadia o son dos petardos póñena un pouco nerviosa.

Consultade a solución:

 

Solución enigma 6

 

Recordade que xa está dispoñible o enigma 7. Veña, que xa é o último deste trimestre!

Saúdos de Leocadia!

 

Enigma 7

Bo día familias!

Leocadia xa ten preparado o enigma 7.

Nesta ocasión imos de visita turística.

Agardamos as vosas respostas.

Apertas de Leocadia

Enigma 6

 

ENIGMA 6

Ola familias!

 

 

 

Xa temos o Enigma 6 preparado para esta quincena. Animádevos e participade.

 

Leocadia está asexando ós nenos e nenas que deixan a resposta no buzón, dádelle unha alegría!

 

 

 

Saúdos!

 

Solución ao enigma 5

Ola familias!

 

Leocadia preguntouvos neste enigma polo Entroido de Cádiz porque é un dos seus favoritos, despois do Entroido galego, claro!

 

Velaí tedes a solución.

 

Solución enigma 5.

 

Voltamos Co Enigma 6 á volta das vacacións. Animádevos á participar!

 

Saúdos de Leocadia!

 

SOLUCIÓN DO ENIGMA 4

Bos días nenos, nenas e familias!

 

Que tal as vacacións de Nadal? Pasástedelo ben? Leocadia estivo moi relaxada na biblioteca lendo moitos libros, ao non haber nenos/as, e comendo moito turrón e polvoróns! Vós coméstedes algo especial? Deuvos tempo a facer este cuarto enigma, logo de vir de tantos días festivos?

Se é así, Leocadia alégrase un montón e envíavos a solución para que comprobedes este enigma. 

 

Solución do enigma 4

 

Un saudiño de Leocadia, que vos segue animando a participar nos enigmas!

Distribuir contido


by Dr. Radut