Actividades ENDL

Actividades ENDL do curso presente

Os Miñarzos, reserva pesqueira

OS MIÑARZOS

Dentro das actividades programadas neste curso adicado ao tema do MAR, abriremos a exposición Os Miñarzos, reserva pesquira no noso Salón de actos, en horario de 16.30 a 18.30, días lectivos, ata o 28 de febreiro, aberta a todos aqueles interesados.

 A exposición consta de:

5 paneis informativos:

 paneis os miñarzos

  1. Reservas mariñas de interese pesqueiro: o deseño e posta en marcha da reserva dos Miñarzos: Planificación, o proxecto WWF España, o exemplo dos Miñarzos, beneficios, o seu funcionamento (o efecto reserva) e xestión, control e vixianza.
  2. A costa máis viva: o encontro do mar e a terra crea paisaxes únicas: o areal, a zona húmida, as illas.
  3. Baixo as ondas: a vida anima e colorea os fondos dos Miñarzos, bosques submarinos e praias submarinas.
  4. Fráxil equilibrio: O mar, o noso patrimonio para sempre, disfrute responsable do mar, consumo responsable de peixe.
  5. A pesca é sabedoira: a pesca na reserva dos Miñarzos, principais capturas, recursos específicos.

Maquetas:

Marisqueo: percebeiros, captura da centola con espello

 

 maqueta2 maqueta 3

Pesca: cacea de nasas e pesca con tramallos.

Alfombra: fotografía aérea, escala 1:1000 do concello de Carnota de Lariño a Quilmas.

Actividade LIM "O Millo"

Esta é unha actividade sobre O MILLO na nosa zona. Para aprender.

 

 

 

Actividade LIM: O agro

Esta é unha actividade LIM sobre o agro. Aprenderás nomes de apeiros propios da nosa zona.Clica na frecha que ten abaixo ao lado do número da páxina. Tés páxinas con información e outras onde terás que facer actividades. Que te divirtas.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet