Skip to Content

Agora en Facebook

Primeiro creamos a nosa web coa intención de informar, facilitar o acceso a documentos do centro, e tras moitos anos de web, demos un paso adiante para a comunicación coas familias coa posta en marcha para o noso centro do Espazo Abalar, ferramenta dos servizos da Consellería que garante a protección dos nosos datos.

Outros centros empregan sistemas de mensaxería, whassapp, etc. que supoñen a cesión de datos a terceiros para funcionar e ademais cremos que poden resultar perigosos se non se extreman as precaucións no seu uso.

Pero, durante este curso, coa posta en funcionamento de ABALAR MÓBIL a través de Espazo Abalar, decatámonos de que non é suficiente xa que moitos mensaxes non son lidas, e tampouco temos constancia de que a nosa web sexa consultada habitualmente (a mensaxe enviada sobre a suspensión da actividade de Ler na Rúa foi lida somentes por 64 de de 168 usuarios de ABALAR MÓBIL)

Por iso demos un paso adiante, e a pesares de que Facebook supón un risco pola cesión de datos, animámonos a crear unha páxina onde ir pondo información de novidades na nosa páxina, onde difundir aquelas novidades que non requiran dun especial coidado na protección de datos, pero que poida chegar a parte da comunidade educativa que fai uso habitual desta rede social.

Así contamos con outro medio de difusión que esperamos que poida chegar a gran parte da comunidade educativa.

Aproveitaremos tamén para difundir información sobre aspectos xerais de educación ou que poidan ser de interese aínda non estando enfocadas á educación.

Non esperedes imaxes nin videos dos actos do centro, a menos que neles  se identifique ao alumnado, pois unha das nosas prioridades é a protección da imaxe do noso alumnado.

Non pretendemos que sexa un punto de debate tampouco, pois o centro dispón de canles para elo, como son o seo do Consello Escolar cos representantes dos pais e nais, as titorías e mesmo as horas de disposición do Equipo Directivo.

Sabemos que non chegaremos a todos e todas, pero esperamos que pouco a pouco entre esta páxina de Facebook, a web do centro e Abalar Móbil todos e todas esteades debidamente informados.

 

Buscádenos como páxina CEIP de Carnota



page | by Dr. Radut