Skip to Content

Apadriñamentos Lectores

Outro ano máis seguimos cos apadriñamentos lectores polos patios do cole, unha experiencia que gusta tanto a maiores como aos máis peques

Recomendacións Lectoras

Dende a biblioteca do cole os deixamos as suxerencias de lectura do noso alumnado, como veredes tedes todo tipo de historia en todas as linguas

 

Entroido 2023

Este ano dedicamos o noso ENTROIDO ao proxecto que realizamos dende cada un dos cursos de primaria e infantil "O Sistema Solar", aquí nos tedes de planetas, estrelas, astronautas e de extraterrestres.

 

 

Piragüísmo en Barbantes

 

Alumnos e profesores do colexio Carmen García Carrasco de Cenlle, desfrutaron dunha xornada de ocio e deporte cunha visita ás Ribeiras do Río Miño o seu paso por Cenlle, dende Laias a Barbantes.

Comenza a xornada cunha visita ás instalacións das que dispoñe o Centro de Entrenamento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño no Hotel Balneario de Laias Cadaria, onde foron recibidos polos Técnicos de Piragüismo Ourense, Pablo Atrio e Javier Chao e pola entrenadora e responsable Técnica del Cerlac, Susana Lusquiños, que explicaron as diversas modalidades que se poden practicar no mundo do piragüismo.

 

 

 

 

 Pero o momento máis esperado foi cando entraron na auga!!!

 

 

Campo a través en Ribadavia 2022

Dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, celebrouse nas instalación do Complexo O Xestal e Área Recreativa A Veronza o martes 29 a carreira de Campo a través na que esta vez tivemos moitos gañadores, 

FELICIDADES A TODOS/AS 

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO PILABOT

Dende o centro queriamos agradecer as familias que nos axudaron a conseguir o PRIMEIRO PREMIO no concurso de recolección de pilas PILABOT
GRAZAS!! 
PILABOT NOTICIAS AQUI
 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana traballaremos cada día dende o cole a 

Francisco Fernández del Riego

o noso homenaxeado deste ano no

Día das Letras Galegas

 

FAI CLIC AQUI PARA

PODER VER TODO O CONTIDO

Rosalía de Castro

Traballando coa vida de Rosalía de Castro, os deixamos un Kahoot feito polo alumnado de 4º 5º e 6º de primaria

 

KAHOOT DE ROSALÍA DE CASTRO

 

fai un clic o teu bocata

Como cada ano participamos unha vez máis no proxecto FAI UN CLIC O TEU BOCATA no que aprendimos os diferentes tipos de peixes que usamos para facer o noso bocata, xogamos e por suposto tamén comimos o noso bocata

25N

Aqui nos tedes coas facendo manualidades, grabando un video e co noso mural do 25 de novembro, o noso lema ALTO e CLARO

Distribuir contido


by Dr. Radut