Skip to Content

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

TIC TAC... 

Dado que mañá, mércores 11 de setembro, comezan as clases do novo curso 2024-2025, e con elas tamén o servizo de comedor, deixámosvos por aquí o menú correspondente a este primeiro mes.

Con todo, entregaremos a cada alumno/a unha copia en papel para que leve para a casa. Aínda que podedes acceder aquí (debaixo da imaxe) ao PDF adxunto tamén.

Esperámosvos no cole para arrancar unha nova viaxe, rapazada!! E non esquezades meter as ganas na mochila!!

Menú comedor Setembro

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 24-25

 

Estimadas familias,

Por motivos informáticos e alleos á nosa vontade, nestes momentos non temos acceso ao sistema informático de Xestión Administrativa da Educación (XADE) nin todo o que elo implica (non hai acceso ao entorno Abalar para familias nin profesorado do propio centro).

Información de interese para as familias para o comezo de curso:

  • Horario do mes de setembro:
    • Clases: de 9:40 a 14:25
    • Comedor: 14:25 a 15:15 (o comedor comezará xa o mércores 11 de setembro).
  • Transporte: comeza dendo o mércores 11 de setembro, nas paradas que tedes solicitadas dende o curso pasado.
  • Organización de grupos. Funcionarán 3 agrupamentos:
    • Ed. Infantil (5º e 6º de infantil).
    • Ed. Primaria: 1º-2º-3º
    • Ed. Primaria: 4º-5º-6º

O alumnado coñecerá aos seus titores/as o primeiro día.

  • Material escolar: dende o centro estamos comprometidos co aforro de material, a reciclaxe e o gasto económico que sabemos que supón para as familias.

Por ese motivo, solicitamos que para os primeiros días o alumnado traia unicamente unha libreta do ano pasado (ou calquera que teña na casa), así como un estoxo con material que xa teñan na casa (con lapis, goma, bolígrafo azul -no caso de alumnado de 5º e 6º- e pinturas usadas). Outro material que necesiten, terémolo no propio centro.

Nos primeiros días de curso, cada titor dará un listado personalizado de material a cada alumno/a.

  • Listado de libros: o listado de libros daráselle persoalmente a cada alumno durante os primeiros días de curso.

 

Para calquera dúbida, podedes contactar co centro a través do teléfono: 988.40.40.56

 

Atentamente,

 

Xoel Liñares Monteagudo

Director.

Benvida

Benvidos á páxina web do 

CEIP Carmen García Carrasco 

 

PILABOT

Un ano máis somos gañadores do concurso de PILABOT 

grazas a todo o alumnado e as familias colaboradoras

 

 

 

ANUNCION NA REGION FAI CLIC AQUI

 https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/el-colegio-dew/202406071000001301540.html

Menu MAIO

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO DO ALUMNADO DE RELIXIÓN (INFANTIL)

Para celebrar o Día do Libro os peques do cole elaboraron estas fermosas flores coa profe Elena de Relixión Católica.

 

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO RELIXIÓN (PRIMARIA)

Desta vez é o turno do alumnado de primaria de Relixión Católica, que elaborou estas fermosas flores para conmemorar o día.

DÍA DO AUTISMO

 
COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE CON GANAS.
E que mellor maneira de faceolo que celebrando a DIVERSIDADE.

PRAZO ABERTO

COMEZA O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025.

Queres traer o teu pequeno ou pequena á nosa escola? Non o dubides! 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través de https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/# no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Calquera dúbida estamos no cole dispoñibles para ti!

Entroido 2024

Aqui tedes o video do ENTROIDO 2023, este ano o dedicamos ao noso proxecto

A VOLTA AO MUNDO

Distribuir contido


by Dr. Radut