4º de E. Primaria

TAREFAS DO ALUMNADO

OLA RAPACES E RAPAZAS.

PICADE NA IMAXE PARA VER AS TAREFAS DA SEMANA DO 18 Ó 22 DE MAIO.

LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC

LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC

 

Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!

 

               INFANTIL, 1º e 2º      

 

3º e 4º

 

5º e 6º

 


 

#Euquedonacasa (I stay at home) 3rd/ 4th English

Enviado por Mary o Ven, 15/05/2020 - 10:56

May 15th

Good Morning Children!!

Here you have the activities for this week.

Bos días nenos e nenas!

Aquí tedes as actividades para esta semana.


Nota: A veces polas mañas, posiblemente debido ao tráfico na rede, as actividades online non van moi ben, se vos pasa iso probade máis tarde.

Se vos dá fallos algunha actividade, non pasa nada, simplemente continuade coa seguinte.

MÚSICA 3º E 4º PRIMARIA

 

Bos días rapaces e rapazas!

 

Hoxe propóñovos tres activades moi sinxelas.

 

A primeira é a construción dun instrumento musical coa axuda do coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Conservatorio Superior de Música da Coruña, Abraham Cupeiro, quen dende o curso pasado colabora con nós en actividades musicais para conmemorar o Día das Letras Galegas.

 

 

A segunda actividade é escoitar unha canción en familia, O TREN e Andrés do Barro.

 

Non é unha canción calquera. É unha canción en GALEGO que foi NÚMERO 1 en España no ano 1969, momento en que cantar en galego estaba totalmente prohibido.

 

 

A última actividade é un baile; UN PASODOBRE GALEGO.

 

O pasodobre é un baile de parella con ritmo alegre e compás binario (dous tempos en cada compás).

 

Teredes que buscar parella: a túa nai, o teu pai, a túa irmá, o mango dunha vasoira, ... o que vós queirades, e bailar o coñecido pasodobre “A saia da Carolina”, interpretado por un dos grupos máis importantes da música galega FUXAN OS VENTOS.

 

Gravádevos bailando uns 10 segundos e enviádeme o vídeo a ceip.cabadavazquez@gmail.com

 

 

 

Distribuir contido