5º de E. Primaria

ENTROIDO

No CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar.

O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)

 

 

 

 

Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.

 

Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.

 

TRABALLOS DO MAR

ESTES SON AS PRESENTACIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º SOBRE OS SERES VIVOS MARIÑOS.

 

https://view.genial.ly/5e2ea92e35ef460490c50e69/presentation-as-algas

AMAR O MAR

O NOSO PROXECTO "AMAR O MAR" DEU COMENZO COA PROXECCIÓN DUN VÍDEO DE COUSTEAU, E COA VISITA DO MESTRE VÍCTOR LOMBA, QUE SE BRINDOU A COMPARTIR CONNOSCVO ÁS SÚAS EXPERIENCIAS SOBRE O MAR.

A PARTIR DE AÍ, DEMOS COMENZO Á INVESTIGACIÓN POR PARTE DO ALUMNADO DE PREGUNTAS SOBRE O MAR E A VIDA NESTE, PARA ASÍ COMENZAR O TRABALLO NOS CONTEXTOS E A NOSA SAÍDA AO MUSEO DO MAR , EN VIGO, O QUE RESULTOU ALTAMENTE ENRIQUECEDOR

 

 
 

 

 

 

 

 

Aquí amosamos a marabillosa vida do mar pero tamén temos que amosar a triste realidade.

Nas nosas mans está que estas dúas últimas mostras sexan tan só imaxes.

Os alimentos

Rematamos o proxecto dos alimentos. Antes de comenzalo os de 5º e 6º pudemos asistir a o programa "SABOREA ESTRADA", onde cociñamos a receita elexida entre as presentadas polo alumnado de 5º e 6º.

Comprobamos que algúns alimentos teñen almidón, algúns de forma natural e outros porque se lle engade.

OBRADOIROS DE NADAL

 PARA CELEBRAR O FINAL DE TRIMESTRE NADA MELLOR QUE PARTICIPAR EN DIFERENTES OBRADOIROS, COMO MANUALIDADES, BAILE, MÚSICA E COCIÑA.

AQUÍ PODEDES VER O QUE NOS DIVERTIMOS NO DE COCIÑA .

   
   
   
   
   
   
   
 
   

NON MÁIS PLÁSTICOS

O noso proxecto do plástico comenzou coa visualización dun vídeo sobre o plástico e os seus efectos na vida dos seres vivos.

PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DE DIFERENTES MOMENTOS NOS RECANTOS.

   
   

 

 

Distribuir contido